Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

O Baixo Miño rexistrou unha ocupación hoteleira do 66% na ponte do Pilar

Os resultados acadados, pese á climatoloxía, son similares aos do ano pasado, o que manifesta a boa saúde do turismo na provincia e a consolidación do turismo rural como unha das opcións preferentes

Turistas paseando porla Senda Litoral en A Guarda

Fecha: 17 de Octubre de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra, a través dos datos recollidos por Turismo Rías Baixas, confirma unha ocupación hoteleira media provincial do 77% durante a pasada ponte do Pilar. A porcentaxe, similar á do ano pasado, manifesta a boa saúde do turismo na provincia de Pontevedra, tanto en canto aos hoteis como ás casas de turismo rural que acadaron unha ocupación do 60% durante a ponte.

Segundo poñen de manifesto os datos recollidos pola Deputación de Pontevedra, os establecementos hoteleiros acadaron unha porcentaxe do 95% na comarca de Pontevedra. No caso da comarca de Vigo a ocupación ascendeu ao 93%. A comarca do Salnés rexistrou o 88% de ocupación hoteleira e as comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes acadaron o 84%. No caso da comarca do Morrazo a porcentaxe de ocupación foi superior ao 74%, na de Caldas do 72% e no Baixo Miño do 66%. Pola súa banda, as comarcas do Condado e da Paradanta superaron o 43% de ocupación hoteleira.

En canto ao turismo rural, co 60% de ocupación durante a ponte, estase a consolidar como unha das opcións preferentes en canto ás persoas que escollen a provincia de Pontevedra para as súas vacacións e tempo de ocio. Máis polo miúdo, a comarca de Pontevedra rexistrou unha ocupación do 92% nas súas casas rurais; O Salnés do 76%; os establecementos rurais de Caldas acadaron o 69%; as casas rurais das comarcas do Morrazo, O Condado e A Paradanta superaron o 55%; Vigo acadou un 54% de ocupación nos establecementos rurais; as comarcas do Deza e Terra de Montes do 41% e O Baixo Miño superou unha porcentaxe do 33% nas súas casas de turismo rural.

Pola súa banda, o Castelo de Soutomaior rexistrou un elevado número de visitantes durante a ponte do Pilar, con ata medio millar de persoas. A pasada fin de semana, concretamente o domingo 14 de outubro, comezaron no castelo as visitas teatralizadas que se estenderán ata o 4 de novembro e esgotaron, en 24 horas, as prazas ofertadas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí