Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BioMercado de Tomiño reunirá este domingo a máis de 60 postos de produtos ecolóxicos, artesanía e gastronomía local

Tamén haberá charlas de emprendedores e actividades lúdicas e infantís durante toda a xornada

Tamén haberá charlas de emprendedores e actividades lúdicas e infantís durante toda a xornada

Fecha: 29 de Septiembre de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

A praza do Seixo de Tomiño acollerá o domingo 30 de setembro, a cuarta edición do BioMercado, con 65 postos, dos que moitos estarán dedicados á alimentación saudable, produtos ecolóxicos e naturais. Ademais, a feira contará con diferentes actividades como charlas, obradoiros e conferencias.

O Biomercado, presentado en rolda de prensa, ven deste xeito, a consolidarse coma un evento anual que ten coma finalidade pór en valor e dinamizar o comercio local, fomentar a produción ecolóxica, a biocultura e o mercado de proximidade.

Durante a presentación, a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, agradeceu o traballo dos colaboradores e salientou a variedade e cantidade de postos biosaludables que fan da actividade, "unha oportunidade de probar produtos que se fan en Tomiño e na comarca, e tamén, para os que veñen de fora, de coñecer o noso mercado municipal que é un pouco o protagonista do evento".

Pola súa parte, Carlos Rodríguez, de Ekohuerta, unha das empresas colaboradoras, definiu este cuarto biomercado de Tomiño, coma un mercado dinámico, innovador, que va a estar moi activo e fomenta aos produtores locais de horta ecolóxica, plantas medicinais, cosmética natural, etc. "Este ano haberá novidades coma a produción de distintos tipos de terra para cultivos, ou artesanía con conchas de mar, palla, vidreiras, fariñas e panadería de hortalizas, cociña con ortigas, e unha ampla gama de gastronomía saudable. Neste sentido, lembrou a importancia de que a xente se conciencie cada vez máis sobre os beneficios deste tipo de produtos e da súa produción.

Charo Quintana, de Rural Consulting, outra das empresas colaboradoras coa organización, resaltou pola súa banda, o caso de Tomiño coma vila rural pero ao mesmo tempo moderna e con calidade de vida. "Cremos que este mercado simboliza de algunha forma a aposta que facemos polo rural", indicou. Asemade, enumerou as actividades e postos máis novidosos, entre os que se atopan unha área dedicada ao mel, unha representación da reserva da biosfera da zona de Allariz, e salientou a posibilidade de aprender e coñecer as últimas tendencias no sector dos produtos bio.

Por último, o concelleiro de Promoción Económica, Antonio Tartaglione, referiuse ás persoas que elixen o rural para vivir e que fan empresas sustentables, e convidou á xente a asistir á exposición dun bo número desas experiencias, que terá lugar no salón de plenos do Concello, baixo o nome de "O Caviladoiro", a partir das 12 da mañá (programa en anexo) do domingo.

Programa
A programación iniciarase pola mañá coa apertura dos postos ás 11.00, e ao longo do día (até as 21.00) desenvolveranse diferentes actividades lúdicas e formativas, e obradoiros relacionados coa cociña e a gastronomía.


Horta ecolóxica, plantas, árbores, sementes; queixos, embutidos, licores, viños, conservas, doces, cafés e infusións; reciclaxe, segunda vida, antigüidades, artesanía e feito a man; gastronomía, música e relax. Todos estes sectores estarán representados nos postos que cubrirán a Praza do Seixo e parte do Mercado Municipal.


Ademais, os asistentes poderán asistir a charlas sobre diferentes temas biosaudables, ou actividades lúdicas con música en directo (Sabela Cereijo e Cherry Sweet), xogos e unha ampla oferta de degustación gastronómica.


Grupos musicais, exhibición de moenda de pimentón; xogos de mesa, obradoiro de pan con Faragullas; degustación de estrugas, postos de comida e bebida, e charlas con xente que creou negocios sustentables, porán o marco á actividade.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones