Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Bloque Nacionalista de Tomiño buscará novas alternativas de saneamento para -achegar a solución ao problema-

Traballa xa con Augas de Galicia e Xunta en novos sistemas de depuración de augas residuais para os núcleos onde non hai colector

O Goberno do BNG investiu máis de 7 millóns de euros en saneamento e chegou aos 100 km de tubería

Fecha: 21 de Mayo de 2019

Fuente: BNG Tomiño

O Bloque Nacionalista Galego de Tomiño seguirá tendo o saneamento como prioridade no seu próximo mandato, pero un saneamento feito con cabeza, sentido e responsabilidade. Por este motivo, xa se está a traballar xunto con Augas de Galicia en diferentes solucións, como un proxecto piloto de novo sistema de depuración de augas residuais para núcleos onde non hai colector ou núcleos máis illado, "outro xeito de facer saneamento no que se achegue a solución a onde está o problema", como salienta a candidata nacionalista á alcaldía, Sandra González.

Ademais de seguir a darlle pulo ao servizo público de baleirado de fosas sépticas creado no último mandato do BNG, a candidatura nacionalista ás municipais do 26 de maio apostan por facer pequenas estacións de depuración naquelas parroquias máis afastadas da EDAR de Tomiño ou "incluso buscar solucións individualizadas viables".

"Non imos enganar a ninguén: o saneamento é custoso e difícil. O que diga que vai levar o saneamento a todo o concello minte, porque é inviable economicamente tanto a súa construción como o seu mantemento. E nós non queremos hipotecar o futuro desta administración local", salienta González. Algo que ratifican todas as entidades expertas en saneamento, incluso Augas de Galicia, que coinciden ao sinalar que "tender tubo ata ata o infinito non funciona nun rural tan disperso como o de Tomiño".

Nos 12 anos de goberno do BNG en Tomiño fíxose a maior inversión en saneamento da historia de Tomiño, cun investimento de máis de 7 millóns de euros e máis de 100 km de tubos construídos. Entre as medidas levadas a cabo para solventar os problemas de saneamento da veciñanza, o Goberno local puxo en marcha o servizo municipal de Baleirado de Fosas Sépticas para facilitar a limpeza de pozos negros e fosas sépticas de todas aquelas vivendas que por localización non contan con saneamento de xeito rápido, económico e respectuoso co medio ambiente.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones