Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Bloque Nacionalista Galego aposta por un Tomiño -máis ecolóxico e eficiente-

Con Sandra González como alcaldesa Tomiño converteuse nun concello pioneiro en compostaxe, eficiencia enerxética e autoxestión das augas

Con Sandra González como alcaldesa Tomiño converteuse nun concello pioneiro en compostaxe, eficiencia enerxética e autoxestión das augas

Fecha: 24 de Mayo de 2019

Fuente: BNG Tomiño

Da man do Bloque Nacionalista Galego o concello de Tomiño converteuse nos últimos anos nun referente en xestión do lixo, da enerxía e da auga. "No futuro goberno de Tomiño queremos que a eficiencia medioambiental sexa un dos eixos prioritarios, non só para achegar o noso gran de area e contribuír a sostibilidade global do planeta, senón tamén como exercicio de responsabilidade económica", asegura Sandra González, actual alcaldesa de Tomiño e candidata polo BNG ás eleccións municipais do 26 de maio.

Pioneiros xa na compostaxe, con máis de 300 persoas participantes na modalidade colectiva e máis de 200 na individual, dende o goberno do BNG continuarase coa transformación do modelo de lixo xeralizando a compostaxe como método de tratamento dos biorresiduos e fomentando a recollida selectiva cara un modelo "máis eficiente, máis ecolóxico e máis moderno adaptado ás estritas directrices europeas".

Por outra banda, no vindeiro mandato o Goberno liderado por Sandra González seguirá investindo en medidas de eficiencia enerxética no alumeado público a través de tecnoloxía LED e executará os proxectos financiados con fondos europeos para mellorar a eficiencia enerxética do edificio de Servizos Sociais e da Escola Obradoiro e convertelos en edificios eficientes de Clase A e para a instalación dunha caldeira de biomasa, o que o converterá no "primeiro concello que utiliza este método como sistema de quecemento".

Referente en autoxestións das augas
Dende o Goberno do BNG seguirase apoiando ás traídas de augas, modelo a seguir no sistema de autoxestión de traídas veciñais que fan de Tomiño un "lugar de referencia na xestión eficiente e segura dun ben tan necesario". Un modelo de autoxestión que comparten noutros lugares de Europa como Irlanda e Francia e no que o traballo o realizan "os propios veciños e veciñas de xeito desinteresado". "Dende a administración pública e dende a administración local estamos convencidos de que este ten que ser un eixo de traballo fundamental nos próximos catro anos", salienta Sandra González.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones