Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG acada un acordo unánime para mellorar a seguridade viaria no Camiño Portugués

Bará reclamou ademais garantir a mobilidade ciclista e peonil entre Tui e Santiago de Compostela

Bará reclamou ademais garantir a mobilidade ciclista e peonil entre Tui e Santiago de Compostela

Fecha: 19 de Enero de 2018

Fuente: BNG - Parlamento

A proposta do BNG defendida polo deputado por Pontevedra, Luís Bará para mellorar a seguridade viaria do Camiño Portugués acadou a unanimidade da comisión 2ª de Ordenación do Territorio celebrada hoxe no Parlamento galego.

O acordo contempla o apoio á mesa permanente do Camiño de Santiago portugués, fomentar a comisión de seguridade viaria do Camiño creada pola subdelegación do goberno priorizando as actuacións para eliminar os puntos conflitivos denominados puntos negros. Ademais, o acordo aprobado hoxe, por iniciativa do BNG, promoverá, en colaboración con diversas institucións, vías alternativas nas que o actual trazado do Camiño non garanta a seguridade viaria dos peregrinos a pe e en bicicleta. Bará defendeu incluír no texto un punto para crear "un plan de mellora ciclista no tramo do Camiño portugués entre Tui e Compostela" finalmente recollido tamén no acordo.

O parlamentario do BNG agradeceu o apoio de todas as forzas políticas á iniciativa nacionalista e anunciou que as medidas deben implementarse no "prazo máis breve" posible ante os problemas que está a xerar a inseguridade viaria no Camiño de Santiago que rexistra unha grande afluencia de peregrinos a pe e en bicicleta.

Para o parlamentario, este é un primeiro paso na senda de resolver as deficiencias no Camiño de Santiago e a Xunta ten "competencias en materia do Xacobeo e nomeadamente nesta ruta", así como a súa atención e promoción. Neste sentido, as medidas do acordo beneficiarán a todos os usuarios e usuarias do Camiño pero sobre todo incrementará a seguridade viaria que na actualidade presenta deficiencias e riscos, concluíu.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones