Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG censura o actual modelo de reparto de xarda que deixa sen cota a flota galega e abócaa á ruína

A portavoz de pesca do BNG, Montse Prado critica o modelo actual que obriga á flota galega a tirar o mar a xarda morta mentres outras flotas péscana en augas galegas e véndena nas lonxas galegas

A portavoz de pesca do BNG, Montse Prado critica o modelo actual que obriga á flota galega a tirar o mar a xarda morta mentres outras flotas péscana en augas galegas e véndena nas lonxas galegas

Fecha: 06 de Mayo de 2017

Fuente: BNG

O BNG censura a ruína a que está abocada a flota artesanal galega co actual modelo de reparto de especies estratéxicas como a xarda. Este días podemos comprobar como a pesca da xarda está pechada para as artes menores, mentres outras flotas a pescan nas nosas augas, vendéndoa nas lonxas galegas e a flota galega tena que tirar ao mar morta.

Para o BNG, a consellería do Mar non está a defender os dereitos da flota galega e consinte un modelo de reparto que concentra nunhas poucas embarcacións o dereito a poder pescar xarda mentres a maioría da nosa flota de artes menores apenas lle corresponde cota.

Para a portavoz de pesca do BNG, Montse Prado, o actual reparto resulta "inasumíbel" para ademais de ser "inxusto, discriminatorio e non contribúe a un modelo de pesca sostible", que garanta a actividade para as nosas pequenas embarcacións que son as que xeran un maior número de postos de traballo e realizan un reparto lineal da actividade e da riqueza sen esquilma o mar.

Lembremos que este ano repartíronse un total de 1.020.996 ton, correspondendo ao Estado español 32.466 (despois de descontar as 5.544 ton da multa que pagamos todos por igual) e que outros utilizaron a sobrepesca para aumentar os seus supostos dereitos históricos).

Para as artes menores repartíronse a miseria de 12.000 ton das cales a Coruña, tocoulle 828 ton, encontrándonos que si para as artes do anzó durou dúas semanas para a pesca accidental a pesca durou entre o 20 de marzo e o 18 de abril, E falamos de pesca accidental, obrigando a esta flota a ter que tirar a xarda morta ao mar, non podendo traballar nos caladoiros tradicionais, obrigándonos a non poder largar as nosas vetas, volantillas ou miños mentres outras embarcacións doutras comunidades pescan con total tranquilidade e venden a mellor prezo.

O BNG reponsabiliza desta situación á conselleira Rosa Quintana e a Feijóo por asumir un modelo pesqueiro, dende o ano 2014, que deixa sen dereitos a nosa flota artesanal e a condena a unha actividade ilegal provocando o abandono da actividade e a ruína.

A deputada do BNG, Montse Prado preguntará na vindeira comisión de pesca, prevista para o xoves 11 de maio, polos ingresos das embarcacións galegas en contraposición a das outras comunidades, cantos días puido faenar unha embarcación adicada á pesca dirixida e se a Xunta trasladou algunha queixa ao Goberno central polo novo modelo de reparto da pesquería da xarda que claramente discrimina á flota galega.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones