Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

O BNG convida a veciñanza do Baixo Miño a participar no Día da Patria

É un día de celebración e reivindicación para unir a todas as persoas que teñen Galiza na cabeza e no corazón e confían no potencial deste país

É un día de celebración e reivindicación para unir a todas as persoas que teñen Galiza na cabeza e no corazón e confían no potencial deste país

Fecha: 19 de Julio de 2018

Fuente: BNG - Baixo Miño

O BNG fai un chamamento á veciñanza da comarca a participar masivamente na celebración do Día da Patria, que o BNG conmemora este ano baixo o lema Sumar por Galiza, precisamente como referencia expresa a unir a todas as persoas que confían no potencial do País para construír un futuro mellor.

"Desde O BNG facemos un chamamento a participar nunha convocatoria aberta para sumar polo país, aberta a todos os galegos e as galegas que levan Galiza na cabeza e no corazón e que, igual que o BNG, queren construír un futuro mellor, onde a nosa lingua e cultura podan desenvolverse con normalidade, con emprego digno, salarios e pensións decentes. En definitiva, construír a Galiza coa que soñamos", salientan dende a organización nacionalista.

Os actos que se celebrarán con motivo do Día da Patria Galega en Compostela darán comezo xa o día 24, coa celebración do FESTIGAL, unha cita xa consolidada no panorama cultural e musical galego.

O propio día 25 de xullo terá lugar a xa tradicional manifestación do Día da Patria, que este ano cumpre o cincuenta aniversario desde que en 1968 o nacionalismo retomase a súa celebración. Partirá da Alameda de Compostela ás 12h para percorrer as rúas de Santiago até a Praza da Quintana, na que intervirá a Portavoz Nacional do BNG Ana Pontón.

Para facilitar a asistencia a este acto sairán autobuses o 25 de xullo desde o Baixo Miño con paradas na Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui, cómpre reservar praza no 616090632/baixominho@bng.gal.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí