Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG de Tomiño aposta polo desenvolvemento económico do territorio

Impulsará a creación dun Centro de Iniciativas Agrarias para visibilizar o sector produtivo da comarca

Levará a cabo unha modificación do PXOM para crear unha área empresarial municipal na que se asenten pequenas e medianas empresas

Fecha: 17 de Mayo de 2019

Fuente: BNG Tomiño

O Goberno do BNG de Tomiño ten claro que o futuro da vila pasa por un desenvolvemento económico do territorio que consiga aproveitar e dinamizar as potencialidades da contorna. Por este motivo, o equipo de Sandra González apostará por este desenvolvemento económico con dúas medidas concretas coas que se busca potenciar o sector agrario e facilitar o asentamento de tecido empresarial no municipio.

O BNG seguirá impulsando ao sector viveirista coa creación dun Centro de Iniciativas Agrarias que poida aglutinar e visibilizar o potencial do sector produtivo de toda a comarca, un centro "para que o sector poida enfrontarse con máis éxito aos novos retos de futuro, á innovación, ao cambio climático, á competitividade ou a estar máis integrado tamén na sociedade". "Somos un concello pioneiro en iniciativas agrícolas e queremos seguir sendo unha referencia, non só na comarca, senón en toda Galicia", salienta a candidata nacionalista á alcaldía de Tomiño.

Este centro convertirase nunha ferramenta imprescindible para dar apoio a un sector empresarial "fundamental na comarca" que xera riqueza e que "serve para que centos de homes e, sobre todo, mulleres teñan traballo na súa localidade". O sector primario é no territorio un sector empresarial de grande importancia pola súa gran capacidade de xerar negocio e pola súa capacidade de fixar poboación e coidar a contorna.

Esta medida complementarase coa creación dunha área loxística e empresarial municipal que dea cabida ao tecido empresarial necesario para que Tomiño siga crecendo. Sen competencias para crear un polígono industrial, o BNG de Tomiño dará solución ao problema de solo industrial da comarca co impulso dunha modificación do PXOM para dotar ao concello dunha área empresarial municipal no que poidan instalarse pequenas e medianas empresas do sector terciario ou de servizos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones