Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG de Tomiño aposta por un equipo con experiencia e ilusión para consolidar o futuro da vila

A candidatura liderada por Sandra González está formada por 27 persoas, 17 titulares e 10 suplentes

A candidatura liderada por Sandra González está formada por 27 persoas, 17 titulares e 10 suplentes

Fecha: 15 de Mayo de 2019

Fuente: BNG Tomiño

Unha aposta de futuro. Iso é o equipo co que o BNG de Tomiño quere renovar o apoio dos tomiñeses e tomiñesas, logo de 12 anos transformando en positivo a vida da vila a través dun proxecto integral no que os servizos públicos, a renovación urbana e o dinamismo económico e social son eixo vertebrador.

E para seguir traballando nese proxecto de futuro e facer que Tomiño siga sendo referente en política municipal, a candidata nacionalista á Alcaldía e actual alcaldesa, Sandra González, apostou por un equipo que combina a experiencia das persoas máis veteranas co aire fresco de novas incorporacións de mozos e mozas de Tomiño.

Un grupo de xente comprometida coas persoas de Tomiño, con coñecemento, ganas e motivación para seguir transformando o concello porque "quedan moitos proxectos e ideas que executar. O mellor aínda está por vir". A candidatura está conformada por:

- Sandra González Álvarez
- Uxío Benítez Fernández
- Cristina Martínez Souto
- Lois Vázquez Calvo
- Alexandre Pérez Souto
- Ana Isabel Fernández Carrera
- Ismael Troncoso Martínez
- Francisco Campo Lago
- Manuel Álvarez González
- Ana Belén Casaleiro González
- Fátima Rodríguez González
- María Xosé Vázquez Rodríguez
- Santos Rodríguez Ozores
- Agustín González Rodríguez
- Noel Claro Portas
- Ramón Carneiro Valverde
- Marisa Hombre Eiras

- Miguel Diz Álvarez
- Carla Alonso Ozores
- Rubén García Filgueiras
- Olga Orduña Pereira
- Christian Villaverde da Cruz
- César Puertas Calzado
- Charo Lorenzo Crespo
- Loli Montero Martínez
- Suso Montero Villar
- Camilo Riveiro Alonso


Convencidos de que ‘O mellor está por vir', o BNG de Tomiño está presentando en todas as parroquias un programa no que teñen especial protagonismo tanto a consolidación e finalización de grandes proxectos xa comezados, como a humanización e mellora dos espazos públicos do Seixo, a reconfiguración e mellora dos espazos públicos de Goián ou o remate da Senda do Río Miño entre Goián e Tui. Tamén son de vital importancia todas as actuacións de mellora dos espazos públicos nos núcleos das parroquias así como todas aquelas novas iniciativas que mellorarán o futuro da vila, como a construción da biblioteca ou o centro de iniciativas agrarias.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones