Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG de Tomiño arranca a campaña electoral cun proxecto ilusionante de futuro

O equipo celebrará unha vintena de mitins por todas as parroquias do municipio

A consolidación e finalización de grandes proxectos xa comezados e a posta en marcha de novas iniciativas centran o programa do BNG de Tomiño

Fecha: 13 de Mayo de 2019

Fuente: BNG Tomiño

O BNG de Tomiño arrancou a campaña electoral para as municipais do 26 de maio arroupado polos seus militantes e simpatizantes. Ao longo dos vindeiros días, a candidata á Alcaldía de Tomiño, Sandra González, e o seu equipo percorrerán as 15 parroquias do municipio cunha vintena de mitins.

O calendario de mitins comezou este mesmo venres 10 de maio en Vilameán onde Noel Claro e César Puertas, membros do equipo pola parroquia, estiveron acompañados pola candidata, Sandra González, e polo número 2 da lista, Uxío Benítez, para presentar aos veciños e veciñas os seus obxectivos para os vindeiros 4 anos.

As vindeiras paradas serán Carregal, Pinzás, Vilachán do Monte e Hospital, catro citas para esta fin de semana. Este sábado 11 ás 20.00 h o equipo do BNG de Tomiño estará no Novo Bar de Carregal, mentres que o domingo 12 as citas serán na Casa Social de Pinzás ás 12.30 e na Casa Social de Vilachán do Monte ás 17.30 h, pechando a xornada na Casa Social de Hospital ás 21.00 h.

Convencidos de que ‘O mellor está por vir', o BNG de Tomiño irá presentando nos próximos días un programa no que teñen especial protagonismo tanto a consolidación e finalización de grandes proxectos xa comezados, como a humanización e mellora dos espazos públicos do Seixo, a reconfiguración e mellora dos espazos públicos de Goián ou o remate da Senda do Río Miño entre Goián e Tui, como todas aquelas novas iniciativas que mellorarán o futuro da vila, como a construción da biblioteca ou o centro de iniciativas agrarias.

Todo apoiado nun equipo ilusionado composto por 27 persoas no que se combina a experiencia das persoas máis veteranas co aire fresco de novas incorporacións. Un equipo co que seguir ilusionando e traballando para consolidar o proxecto de futuro de Tomiño.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones