Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O bng denuncia a intención da Confederación Miño-Sil de privatizar as traídas de augas veciñais

A deputada por Pontevedra Montse Prado presentou unha batería de iniciativas na Cámara nas que reclama á Xunta modificacións lexislativas para garantir a renovación destas concesións

A deputada por Pontevedra Montse Prado presentou unha batería de iniciativas na Cámara nas que reclama á Xunta modificacións lexislativas para garantir a renovación destas concesións

Fecha: 30 de Junio de 2017

Fuente: BNG

Prado reclama á Xunta cambios normativos para garantir que se renovan as concesións "porque as traídas son froito do esforzo comunitario"

O BNG denuncia no Parlamento que a Confederación Hidrográfica Miño-Sil está vetando a renovación das concesións de traídas de augas veciñas desestimando as peticións das distintas comunidades o que, para a formación nacionalista, agocha un claro intento de privatizar este servizo que existe precisamente polo esforzo das comunidades.

Ante esta situación, a deputada por Pontevedra Montse Prado presentou unha batería de iniciativas na Cámara nas que reclama á Xunta modificacións lexislativas para garantir a renovación destas concesións, "froito e exemplo do compromiso veciñal, do seu traballo e achega económica, un esforzo comunitario para ter un servizo que a Administración non facilitaba", indica na proposición non de lei rexistrada no Parlamento para o seu debate.

Prado, recolle os "múltiples atrancos" que a Confederación Hidrográfica Miño-Sil está a poñer a diversas comunidades de montes, en particular no Baixo Miño, ao longo dos últimos meses que conclúen coa negativa á renovar estas concesións formalizadas e legalizadas na década dos anos oitenta.

"Son traídas que están legalizadas, que cumpren con todos os requisitos legais, análises, rede, tubaxes, cloración correctos, e que regularmente reciben subvencións para levar a cabo o cometido de subministrar auga á veciñanza", argumentou a deputada nacionalista. Esta negativa a renovar as autorizacións "está a crear malestar e preocupación entre os veciños e veciñas, porque se lles quere ilegalizar un servizo comunitario", critica Prado, quen reclamou da Xunta "un rápida intervención" ante esta situación.

O Bloque traslada esta cuestión ao Parlamento, tal e como se comprometeu tras reunións previas con representantes dos e das afectadas por este veto da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, incluída unha xuntanza mantida coas comunidades das traídas de augas no Concello de Tomiño, na que tamén participou a portavoz nacional, Ana Pontón, ademais da propia deputada e a rexedora Sandra González.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones