Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG denuncia que a xunta acosa aos concellos impoñendolles funcións que son do goberno galego

Colaboración si, pero non se pode usar os municipios nin a FEGAMP para lavarlle a cara á Xunta, advirten os alcaldes e alcaldesas nacionalistas

Franxas de protección, servizos sociais, loita contra a velutina ou benestar animal, entre as competencia impropias que se cargan sobre os concellos

Fecha: 13 de Junio de 2018

Fuente: BNG - Parlamento

Os concellos gobernados polo BNG alzan a voz para denunciar que o Goberno de Feixóo fai unha deixación continuada das súas funcións para descargalas sobre os municipios, que nin teñen esas competencias, nin contan con medios económicos e materiais. Colaboración si, subliñan os e as alcaldesas nacionalistas, pero cada administración ten que asumir a responsabilidade que lle toca.

"Os municipios gobernados polo BNG non imos asumir a omisión de funcións do Goberno da Xunta", recalcou a alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, quen xunto co rexedor de Carballo, Evencio Ferrero, representan ao Bloque na comisión executiva da FEGAMP. "Estamos sufrindo un acoso constante cargando en nós responsabilidades e servizos que non nos corresponden, para tapar a súa incapacidade de desenvolver políticas que resolvan os problemas", recalcou Santos.

A modo de exemplo, citan as franxas de protección contra o lume, servizos sociais, a loita contra a velutina ou a seguridade animal. "A Xunta descarga nos concellos estas competencias por riba nun contexto e que a mal chamada Lei de racionalización de Montoro impide contratar persoal ou adicar recursos a competencias impropias", argumenta a rexedora de Moaña.

"Non hai peor política que a que non existe, e cando iso pasa mírase para os lados para buscar responsables, recurso que usa a Xunta con moita frecuencia", afondou Ferrero. "Os concellos temos a responsabilidade de colaborar, colaboración sempre, pero non podemos suplir nin o traballo nin a responsabilidade da Xunta", enfatiza.

No caso das franxas de protección, consideran "absolutamente imposible que a administración local asuma esa responsabilidade", destacou o alcalde de Carballo apelando á realidade do seu propio municipio con dous mil quilómetros de pistas propias.

"Ante unha vaga de lumes tan desgraciada como a do pasado outubro responsabilizase ao concellos, pero cada un ten as súas responsabilidades e a dos municipios chega exclusivamente á da colaboración. Non se pode utilizar nin aos concellos, ni Á FEGAMP como instrumento de lavado de cara da Xunta, que ten que asumir dunha vez que é a responsable da política forestal do país", argumentou Ferrero.

Dentro da denuncia desa imposición de funcións, a recente Lei de Benestar animal, que o Goberno galego traslada ao ámbito local. Cun axuda autonómica total de 300.000 euros, os municipios son obrigados a asumir un gasto medio de 50.000 euros, que no caso dunha vila coa dimensión de Carballo chega a 270.000, case o equivalente a todo o orzamento disposto pola Xunta.

"Non podemos ser o albo de todas as leis que aproba a Xunta, porque non somos os responsables", sintetizou o rexedor de Rianxo, Adolfo Muíños, tamén nesta comparecencia na que participaron en representación dos gobernos locais do BNG a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, o alcalde de Baños de Molgas, Xaime Iglesias, e a responsable nacional de Política Municipal, Eva Vilaverde.

"Os concellos estamos dispostos a colaborar na medida das nosas posibilidades, pero o que non estamos é dispostos a asumir responsabilidades que son da Xunta, neste caso, da súa falta de políticas para resolver cuestións tan importantes como a política forestal ou de apoio ao medio rural", concluíron.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones