Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG do Rosal pide á alcaldesa do Rosal que esixa o mantemento do Centro de Saúde de San Miguel tras a xubilación da médica titular

Para o BNG do Rosal a Sanidade é un dereito que debe ser prioritario e de calidade.

Para o BNG do Rosal a Sanidade é un dereito que debe ser prioritario e de calidade.

Fecha: 20 de Junio de 2018

Fuente: BNG - O Rosal

Desde o BNG do Rosal queremos amosar publicamente o noso recoñecemento á médica Berta Gontán Álvarez por todos estes anos de traballo e adicación en prol dos veciños e veciñas do Rosal como médica no noso pobo. Desexámoslle o mellor neste novo camiño que comeza.

Diante da xubilación de Berta, solicitamos á alcaldesa do Rosal, Mari Carmen Alonso, que se garantice a viabilidade e continuidade do funcionamento do Centro de Saúde de San Miguel de Tabagón así como os seus profesionais sen ningún tipo de excepcionalidade nin reaxuste de persoal sanitario temporal nin permanentemente.

Cremos que o goberno municipal debería rectificar e confirmar de xeito contundente á veciñanza do Rosal e ós mil seiscentos usuarios do Centro de Saúde de San Miguel que non haberá, tal e como informou o Concello nunha nota de prensa recentemente, ningún reaxuste de persoal sanitario na época de verán, incluíndo ós pacientes no Centro de Saúde do Rosal. Non hai ningún motivo que xustifique un reaxuste co consecuente deterioro do servizo de xeito temporal nin permanente.


Para o BNG do Rosal a Sanidade é un dereito que debe ser prioritario e de calidade. Lembrámoslle á alcaldesa que xa non é a primeira vez que, cos veciños e veciñas, tivemos que denunciar o empeoramento do servizo neste Centro de Saúde polas políticas de recortes do PP, afirma a portavoz do BNG do Rosal Ánxela Fernández

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones