Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG fai un chamanento @s veciñ@s do Baixo Miño para que secunden a manifestación en defensa da sanidade pública

Autobuses desde o Baixo Miño con paradas na Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui.

Autobuses desde o Baixo Miño con paradas na Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui.

Fecha: 01 de Febrero de 2018

Fuente: BNG - Baixo Miño

Derivacións obrigatorias á sanidade privada con represalias se a doente reivindica o seu dereito a ser atendida na pública, prazos de atención que non se cumpren, listas de espera mesmo na atención primaria, saturación e pouco persoal nos hospitais e os PAC como grandes esquecidos do sistema de saúde.

"Ten que haber un cambio de 180 grados", reclamou o responsábel comarcal do BNG no Baixo Miño, pero para frear as leis privatizadoras e os recortes do PP "é preciso unha gran mobilización social, que a cidadanía responda nas rúas ante os golpes de estado de Feijóo nos despachos e no DOG en contra da sanidade pública", demandou.

O sistema sanitario galego está infectado por un virus perigoso que nace no laboratorio privatizador do PP e que está inxectando Nuñéz Feijóo ao sistema sanitario, poñendo en risco a vida e a saúde das persoas. E fronte a esta situación a mellor vacina é mobilizarnos o vindeiro domingo nunha grande manifestación en defensa da sanidade pública , dos hospitais comarcais e dos centros de saúde locais.

Derivacións á privada
Estas cifras son só a punta do iceberg porque hai milleiros de persoas que non teñen cita simplemente porque as axendas están pechadas. E mentres a pública soporta recortes, Feijóo reforza á privada cun sistema continuado de derivacións, -86 pacientes cada día-, "síntoma de como se fai negocio a costa da saúde".


Desde 2009, Galiza perdeu 3.000 profesionais sanitarios, elimináronse 700 camas nos hospitais, houbo un recorte continuado do investimento, -en particular na atención primaria porta de entrada ao sistema sanitario cun recorte acumulado de 2.000M€-, que en 2018 recibe un 15% menos de recursos dos que había en 2009.


"Desde o BNG non queremos un país con persoas de primeira e persoas de segunda en función dos seus recursos para acceder a unha sanidade de calidade", salientou Laureano Muíños, por iso, o 4 de febreiro é preciso saír a rúa e secundar a manifestación nacional, convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública, que terá lugar ás 12h desde a alameda de Compostela para defender o sistema público de saúde, concluíu.


*Autobuses desde o Baixo Miño con paradas na Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui. Tarifa por persoa: 5€, a?as desempregadxs de balde. Reserva prazas no: 616090632/baixominho@bng.gal

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí