Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG pide á xunta control do xabarín e axudas para paliar os danos na comarca do Baixo Miño

A invasión deste animal é tal que a miúdo poden ser vistos en zonas urbanas remexendo no lixo, cruzándose no camiño con persoas e incluso entrando en propiedades

A invasión deste animal é tal que a miúdo poden ser vistos en zonas urbanas remexendo no lixo, cruzándose no camiño con persoas e incluso entrando en propiedades

Fecha: 02 de Marzo de 2017

Fuente: BNG - Baixo Miño

A deputada por Pontevedra Montse Prado leva ao Parlamento as demandas da veciñanza da Comarca do Baixo Miño, en particular no Concello da Guarda, en relación á poboación de xabaril que experimentou un importante incremento nos último anos sen que exista un control por parte da Administración. Ese incremento, unido a falta de control, tradúcese en colleitas esnaquizadas, instalacións inutilizadas e mesmo accidentes de tráfico.

"A invasión deste animal é tal que a miúdo poden ser vistos en zonas urbanas remexendo no lixo, cruzándose no camiño con persoas e incluso entrando en propiedades", explica Prado, quen advirte que a actuación descontrolada do xabarín unida a "pasividade das institucións" está a provocar a abandono de terras que ata foi pouco cultivadas.

Ante esta situación, o BNG traslada o asunto para o seu debate no Parlamento a través dunha batería de iniciativas nas que demanda ao Goberno da Xunta medidas de control da poboación de xabaríns e axudas ás persoas que tivesen soportado algún tipo de dano causado por estes animais.

En concreto, o Bloque demanda un estudo sobre a situación da especie na comarca do Baixo Miño, un reconto tamén dos danos causados en cultivos, incursións urbanas e accidentes de tráfico, "de tal xeito que serva de base para elaborar un plan de actuación da Xunta". En segundo lugar, axilidade no control dos danos e a adopción de medidas preventivas e, por último, establecer unha orde de axudas para compensar os danos producidos polo animal con suficiente dotación orzamentaria para dar resposta á gravidade do problema.

"O que non é de recibo é a pasividade da Administración ante esta situación que leva anos sendo motivo de denuncia por parte dos e das veciñas", concluíu Prado, de aí as propostas que o Bloque presenta no Parlamento para o seu posterior debate.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones