Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG pide compromiso a PP e a PSOE na posta en marcha dun transporte metropolitano no sur de Pontevedra

O BNG considera fundamental un transporte metropolitano entre Vigo e o Baixo Miño

O BNG considera fundamental un transporte metropolitano entre Vigo e o Baixo Miño. | Ángel Baz, portavoz municipal do BNG

Fecha: 30 de Septiembre de 2016

Fuente: BNG - A Guarda

O BNG tomou a decisión de apoiar no próximo pleno a solicitude por parte do grupo de goberno da entrada da Guarda na Área Metropolitana de Vigo.

Dende o BNG considérase fundamental e imprescindíbel a posta en marcha dun sistema de transporte metropolitano, polo que a formación nacionalista apoiará a proposta da alcaldía na que se solicita a entrada na futura Área Metropolitana de Vigo.

"Nós apoiaremos calquera iniciativa que viabilice un transporte de calidade entre Vigo e a Guarda. Falamos sistema de transporte que vaia máis aló da viaxe entre as dúas poboacións, queremos que tamén sirva para circular por Vigo", comentou Xan Lois Lomba, concelleiro do BNG.

O BNG lémbralle ao Alcalde da Guarda que non estamos diante dun "cheque en branco" e totalmente condicionado á posta en marcha do transporte metropolitano.

"De feito, xa hai un acordo plenario promovido polo BNG en 2015 na que se insta á Xunta a promoción dun transporte metropolitano", sinala Ángel Baz, portavoz municipal do BNG.

O BNG pide compromiso tanto ao PP na Xunta como ao propio PSOE que goberna o Concello de Vigo, para que este transporte metropolitano sexa unha realidade e non fagan de freo pensando máis en loitas partidistas que no beneficio do pobo.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones