Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG PIDE EN EUROPA A RETIRADA DA PROPOSTA PARA PROHIBIR AS ARTES NO RÍO MIÑO

A portavoz do BNG no Parlamento europeo, Ana Miranda presentou varias emendas á proposta que afectaría ás redes de deriva selectivas como a lampreeira, trasmallo do Miño, muxileira, varga da solla ou varga do muxo

A portavoz do BNG no Parlamento europeo, Ana Miranda presentou varias emendas á proposta que afectaría ás redes de deriva selectivas como a lampreeira, trasmallo do Miño, muxileira, varga da solla ou varga do muxo

Fecha: 07 de Marzo de 2015

Fuente: BNG

A Portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda presentou esta semana varias emendas ante a Comisión de Pesca do Parlamento Europeo contra a proposta de prohibición das redes de deriva. A nacionalista reclama a retirada da proposta e no caso de que se manteña solicita que determinadas artes de pesca sostibles, "sexan excluídas da prohibición".

Miranda explica que a flota máis prexudicada será "o xeito" pero outras artes de pesca tamén poden ser prohibidas como ás da pesca artesanal que utiliza redes de deriva selectivas que faenan no Río Miño, en augas continentais entre as que se encontran: a lampreeira, trasmallo do Miño.

O BNG defende as artes de pesca tradicional polo seu valor histórico e económico
A portavoz nacionalista lembra que esta forza política xa presentou diversas iniciativas defensa das artes destas artes de pesca selectivas e tradicionais, como o "xeito" e as artes usadas nas augas do Río Miño, un traballo político reforzado con reunións na Confraría da Guarda e no Concello de Tomiño para recoller as reclamacións do sector.

Neste sentido, quer destacar que foi o BNG quen organizou unha visita do sector ao Parlamento europeo co fin de "falar de maneira directa" cos representantes da Comisión europea que destacou a importancia do encontro para obter información veraz sobre as consecuencias de incluír esta arte de pesca artesanal na prohibición de redes de deriva o que levou a corrixir a decisión.

Os gobernos de España e Galiza deixaron "ao pairo" ao sector

Para a portavoz do BNG en Europa, as conclusións do encontro entre o sector e a Comisión europea, evidencian que nin o Goberno español, nin o galego con competencias no xeito, "fixeron os deberes". Non remitiron a información no momento inicial sobre as actividades pesqueiras nas augas continentais de Galiza como a zona do río Miño.Ningún goberno informou a Bruxelas que na zona do Miño emprégase o "trasmallo do Miño" (tres panos cunha malla de 140 mm), a "lampreeira" (tres panos con malla de 70 mm), a "muxileira" (un só pano cunha malla de 70 mm), a "varga da solla" (tres panos cunha malla de 70 mm) ou a "varga do muxo" (tres panos cunha malla de 80 mm), artes de pesca artesanal que usan redes de deriva nestas augas de fronteira, selectivas e con capturas de especies moi concretas e cuxa actividade é de pura subsistencia ou complementaria doutro emprego para poder alcanzar unha renda digna.

Os vindeiros 10 e 11 de abril serán votadas na Comisión de Pesca do Parlamento Europeo as emendas presentadas polo BNG, á proposta para prohibir as artes no río Miño, e novamente no Pleno de Estrasburgo no mes de maio.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones