Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Camiño pola Costa chega a Fitur da man da Deputación e Turismo Rías Baixas #ríasbaixasway

Na súa aposta polas novas tecnoloxías, a Deputación empregou a realidade aumentada para visualizar no caderno de viaxe os recursos turísticos en 3D das Rías Baixas

Na súa aposta polas novas tecnoloxías, a Deputación empregou a realidade aumentada para visualizar no caderno de viaxe os recursos turísticos en 3D das Rías Baixas

Fecha: 20 de Enero de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada de deputadas e deputados provinciais e alcaldes, alcaldesas e representantes dos concellos da provincia, presentou hoxe en FITUR o destino do Camiño Portugués pola Costa, apoiándose de pezas audiovisuais e empregando a realidade aumentada do caderno de viaxe para dar a coñecer en 3D os recursos turísticos das Rías Baixas. O acto, conducido por Silva e pola xornalista Nieves Rodríguez, comezou cunha invitación a percorrer esta nova ruta, que foi recoñecida oficialmente o pasado ano. En palabras da presidenta provincial "unha experiencia máxica que apaixonará a toda aquela persoa que a percorre, á beira do mar, con paisaxes irrepetibles e únicas".

No acto presentouse o caderno de viaxe da Deputación que recolle as etapas do Camiño pola Costa e os principais recursos turísticos que as peregrinas e peregrinos poden visitar mentres percorren a ruta pola provincia, comezando na Guarda e rematando en Pontecesures e pasando polos concellos do Rosal, Oia, Baiona, Nigrán, Vigo, Redondela, Soutomaior, Vilaboa, Pontevedra, Barro, Portas, Caldas de Reis e Valga. Así, o caderno iníciase coa etapa entre A Guarda e Mougás, continúa entre Mougás e A Ramallosa, A Ramallosa- Vigo, Vigo- Redondela, Redondela-Pontevedra, Pontevedra-Caldas de Reis e Caldas de Reis-Pontecesures. En todas e cada unha destas etapas, o caderno de viaxe inclúe información relativa á distancia, desnivel, albergues, onde marcar a credencial e principais recursos turísticos que se atravesan mentres se percorre o Camiño Portugués pola Costa.

 

O elemento sorpresa do caderno foi a tecnoloxía de realidade aumentada, empregada para poder ver en 3D os recursos turísticos dos concellos. Para poder gozar desta "maxia", como a cualificou Carmela Silva, as persoas deberán descargar unha aplicación móbil gratuíta (Rías Baixas RA) e empregala sobre as fotografías.

Tamén presentouse o vídeo promocional principal, "Reasons to come to Rías Baixas", que ten como protagonista a un peregrino de fala inglesa que transmite as razóns que motivaron a escolla do Camiño pola Costa e entre as que destaca, por riba de todas, o feito de ser o único dos camiños á beira do mar, que conxuga auga doce e salgada, costa e interior, ó tempo que da mostra da rica historia da provincia de Pontevedra, percorre faros, pazos e casas señoriais, praias, cidades e conxuntos monumentais, e permite ás e ós peregrinos "consolar os pes en augas milagrosas".

Os vídeos foron o fío condutor da viaxe polos 15 concellos da provincia que integran o Camiño, protagonizados desde as redeiras e o traballo das mulleres do mar nas Rías Baixas, ao enoturismo vertebrado ó redor do concello do Rosal. A Presidenta da Deputación engadiu que "xunto coa gastronomía e o enoturismo non sería posible entender Rías Baixas sen a natureza e o mar, con paisaxes que quitan a respiración, con praias espectaculares e as Illas Cíes, un dos cen destinos sostibles do mundo e lugar especial para a conservación de especies e peregrinación de aves norteñas". A aposta polo termalismo e polo patrimonio etnográfico, tamén estivo presente na promoción de Rías Baixas en FITUR. Neste contexto, falouse da historia dos antigos poboadores galaicos e os numerosos xacementos da provincia de Pontevedra, desde o Paleolítico máis inferior así como a grande cantidade de xacementos galaicos e da época romana existentes na provincia de Pontevedra. Xa para rematar, a Presidenta da Deputación de Pontevedra manifestou que "o Camiño Portugués pola Costa é unha experiencia única, quen a vive leva consigo un anaco noso para sempre, é un camiño para gozar con todos os sentidos".

O acto de presentación organizado pola Deputación de Pontevedra rematou coa estrea da composición musical "Un lugar en el mundo", composta e interpretada polo músico das Rías Baixas Teo Cardalda especificamente para promover o destino onde naceu. Ó respecto, Carmela Silva manifestou que "Rías Baixas tamén son música, música como a de Teo Cardalda, un artista coñecido por todas e por todos que tivo o detalle de compoñer unha canción e unha banda sonora inspirada na brisa do Atlántico mentres se percorre o Camiño Portugués pola Costa".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones