Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CEIP Manuel Suárez Marquier do Rosal inaugura a súa Radio Escolar

Mércores 13 de xuño, contaráse coa visita da xornalista e escritora María Solar

Mércores 13 de xuño, contaráse coa visita da xornalista e escritora María Solar

Fecha: 13 de Junio de 2018

Fuente: CEIP Manuel Suárez Maquier

O CPI Manuel Suárez Marquier participa, desde este curso académico, no proxecto RADIO NA BIBLIO, creado pola Asesoría de Bibliotecas Escolares, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Dende o comezo, creouse un equipo de radio formado por docentes de Primaria e Secundaria do CPI, e nomeouse unha coordinadora, membro do Departamento de Orientación, con formación específica en Pedagoxía. Creouse no centro unha ferramenta non só de comunicación, senón sobre todo de corte pedagóxica, coa intención de integrala no currículo, e na normalidade das aulas. Con frecuencia semanal, graváronse programas en todos os niveis educativos do centro, realizáronse entrevistas a persoeiros que visitaron o colexio, e utilizouse a radio para facer partícipe dela aos membros dos clubes de lectura, do grupo de teatro, de voluntarios de bibliotecas, para difundir o Plan Proxecta, etc.
 
Recibiuse formación, docentes e alumnado, por parte de expertos enviados pola Asesoría. E mesmo establecimos un contacto con outro centro educativo con longa experiencia en radio escolar, o IES O PERDOURO, de Burela -creadores do Proxecto NEO- cos que chegamos a realizar un programa en directo, artellando a maneira técnica de facer intervir a diferentes rapaces e rapazas do noso centro, e escoitando, simultanemante, o programa en todas as clases da ESO. Con eles realizaremos un intercambio na última semana lectiva deste ano académico.

Chega a fin de curso, e con ela a necesidade de abrila oficialmente. Tras convocarse un concurso de ideas para crearlle un nome e unha imaxe, acabou chamándose A VOZ DA MATA, en honor ao nome co que familiarmente se coñece o colexio na vila.
 
O mércores 13 de xuño contaremos coa visita da xornalista e escritora MARÍA SOLAR. Será entrevistada por alumnado que leu algúns dos seus libros, na propia radio.

A continuación terá lugar o acto de inauguración, ás 18:30 horas, na biblioteca do centro. Coa presentación a cargo de alumnado voluntario de biblioteca, e con diferentes intervencións das persoas convidadas, realizaremos un encontro que tamén terá pinceladas musicais. Finalmente, subiremos á ubicación da radio, para inaugurala oficialmente.
 
Comezamos esta andadura como consideramos que era urxente: converténdoa nunha ferramenta de expresión dos nosos alumnos e alumnas, de integración, que sirva de vehículo das diferentes materias, e que nos conecte co exterior. En breve melloraremos o espazo, coa creación dunha cabina insonorizada, e un mellor acondicionamento.

Mentres tanto, segue a ser un valor fundamental no noso centro, que nos comunica coas familias e a contorna, e que dá voz aos verdadeiros protagonistas do noso centro, o alumnado.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones