Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CENTRO DE ATENCIÓN Ó CONTRIBUÍNTE DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA ATENDEU 18.484 DEMANDAS DE INFORMACIÓN TELEFÓNICA DURANTE O 2015

A falta de completar o ano 2015, o Centro de Atención ó Contribuínte do ORAL atendeu 1.847 chamadas e 2.537 correos electrónicos máis que durante o ano 2014

A falta de completar o ano 2015, o Centro de Atención ó Contribuínte do ORAL atendeu 1.847 chamadas e 2.537 correos electrónicos máis que durante o ano 2014

Fecha: 08 de Octubre de 2015

Fuente: depo.es

Ademais, recibiu durante o 2015 2.489 altas de domiciliacións, 1.013 modificacións de domiciliacións, 8.710 modificacións dos datos de contribuíntes e 4.502 envíos de cartas de pagamento en período executivo.

A Deputación de Pontevedra, a través do ORAL, ten como finalidade informar e asistir ó contribuínte, así como xestionar, liquidar, inspeccionar e recadar os tributos e demais ingresos públicos dos concellos e doutras entidades públicas que o deleguen. Ademais, e de acordo cos convenios establecidos, tamén se encarga da xestión de actividades catastrais así como da recadación das sancións de tráfico.


As principais competencias do ORAL son a xestión tributaria de impostos, taxas e prezos públicos municipais e doutras entidades de dereito público; a inspección tributaria do imposto sobre actividades económicas (IAE), do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana, das taxas e doutros tributos; a recadación voluntaria e executiva dos ingresos locais de carácter público; a xestión catastral do imposto sobre bens inmobles de natureza urbana (IBI), vía convenio de prestación de servizos co Centro de Xestión Catastral; a resolución das solicitudes, reclamacións e recursos en materias relativas á xestión e inspección tributaria e recadación, dos ingresos de dereito público das entidades que o delegantes, así como a asistencia, o asesoramento xurídico e a información sobre o contido das competencias legalmente asumidas, tanto ós cidadáns coma ás administracións públicas; representación e defensa ante os órganos xurisdiccionais; a xestión de multas por sancións de tráfico e o asesoramento económico e contable en materia tributaria ás entidades delegantes.


Coa finalidade de achegar a administración ó cidadán, a Deputación de Pontevedra puxo en marcha o Centro de Atención ó Contribuínte do ORAL que lle ofrece información e asesoramento ó tempo que se lle aforran desprazamentos innecesarios. En concreto, o Centro de Atención ó Contribuínte encárgase de facilitar información sobre dúbidas tributarias e outros ingresos públicos (impostos sobre bens inmobles, actividades económicas, vehículos, construcións, plusvalías, taxas sobre lixo ou auga, e multas de tráfico, entre outros), remisión de documentación (solicitudes, cartas de pagamento, xustificantes de pagamento de recibos ou liquidacións, etc.) e do asesoramento sobre xestións tributarias (domiciliación de pagamentos, fraccionamentos e actualización ou modificación de datos, entre outros).


Ademais das tarefas enunciadas anteriormente, o Centro de Atención ó Contribuínte da Deputación de Pontevedra colabora na depuración de domicilios fiscais de persoas físicas (revisión de todos os recibos e liquidacións devoltos por correos por constar neles unha dirección incorrecta ou descoñecida), depuración da base de datos de persoas xurídicas (investigación de posibles direccións e teléfonos correctos de persoas xurídicas que teñen contraída débeda coa Deputación a fin de intentar unha notificación frutífera as mesmas) e concurso de acredores (investigación dos medios de contacto cos administradores concursais a partir dos datos de empresas en concurso de acredores).


Durante o ano 2014, o Centro de Atención ó Contribuínte atendeu 16.647 chamadas entrantes. No que levamos de 2015, e a falta de completar os datos cos últimos tres meses do ano, o Centro atendeu 18.484 chamadas, é dicir, sen completar o ano 2015 recibíronse 1.847 chamadas máis que durante o ano 2014.


En canto o correo electrónico, o Centro de Atención ó Contribuínte recibiu 2.027 mails durante o ano 2014. A falta de completar o ano 2015, o Centro recibiu xa 2.537 correos máis que no 2015, é dicir, un total de 4.559 e-mails durante o ano 2015.


O Centro de Atención ó Contribuínte, durante o ano 2015, recibiu 2.489 altas de domiciliacións (1.850 máis que durante o ano 2014), 1.013 modificacións de domiciliacións (283 máis que durante o ano 2014), 8.710 modificacións dos datos de contribuíntes (2.597 menos que durante o ano 2014) e 4.502 envíos de cartas de pagamento en período executivo (451 menos que durante o ano 2014).


Ademais, o servizo do ORAL da Deputación de Pontevedra, co obxectivo de facilitar as xestións dos contribuíntes e evitar desprazamentos innecesarios, conta tamén cunha oficina virtual tributaria na que se poden realizar pagos de recibos, solicitar duplicados dos mesmos, ver detalle de recibos domiciliados, valores de embargo ou revisión de padróns.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones