Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA CONVIDA AOS GALEGOS E GALEGAS A SER SOLIDARIOS DOANDO SANGUE NO NADAL

O obxectivo da campaña de doazón do CTG, nos meses de decembro e xaneiro, pasa por acadar 500 doazóns diarias para abastecer aos nosos centros sanitarios

O obxectivo da campaña de doazón do CTG, nos meses de decembro e xaneiro, pasa por acadar 500 doazóns diarias para abastecer aos nosos centros sanitarios

Fecha: 16 de Diciembre de 2015

Fuente: Centro Transfusión de Galicia

O Centro de Transfusión de Galicia (CTG) está a desenvolver a campaña de doazón "Nadal 2015", convidando aos cidadáns a participar activamente doando sangue nas unidades móbiles e nos locais de atención ao doador.

O CTG e a Consellería de Sanidade lembran que, nos meses de decembro e xaneiro, resulta necesario reforzar o chamamento á participación dos doadores e doadoras, xa que as necesidades de compoñentes sanguíneos por parte dos centros sanitarios galegos, sitúanse en 500 doazóns diarias aínda que pode aumentar a demanda, debido ao incremento das urxencias derivadas dos accidentes de tráfico.

Dificultades engadidas
Neste mes de decembro, a acumulación de xornadas festivas provoca a deslocalización dos doadores e doadoras habituais, dificultando o desenvolvemento das campañas de doazón. Ademais, as inclemencias meteorolóxicas propias da estación do ano na que nos atopamos e o aumento de enfermidades do tipo da gripe, son outros dos factores que complican o obxectivo do Centro de Transfusión de estabilizar o número de doazóns de sangue.

Para paliar estas dificultades, as unidades móbiles do CTG teñen previsto visitar ata finais de mes, ao redor de 80 concellos galegos, para acadar a participación necesaria e garantir o desenvolvemento do labor asistencial dos centros sanitarios galegos. As visitas que efectuarán as unidades móbiles no transcurso da presente semana son as seguintes:

DATA CONCELLOS
Martes 15 de decembro Praza Armas (Ferrol), Acuartelamento Atocha. Cantón Pequeno e Repsol (A Coruña), Melide, Bembibre (Val do Dubra), Mondoñedo, Sandiás, Sarreaus, Vilar de Barrio, Oimbra, Cambados, Salceda de Caselas e Zona Herrería (Pontevedra)
Mércores 16 de decembro Cariño, Coristanco, Repsol (A Coruña), Forte-Camporrapado (Boqueixón), Melide, Bóveda, Taboada, Rúa do Paseo (Ourense), Barro, Silleda e Rúa Príncipe (Vigo)
Xoves 17 de decembro Monfero, Zona Ultramar (Ferrol), Porto, Lonxa e Praza Conchiñas (A Coruña), Carnota, Lestedo (Boqueixón), Murás, Ourol, Monforte, Xinzo de Limia, O Grove e Zona Balaidos e Zona Residencial Navia (Vigo)
Venres 18 de decembro Perlío (Fene), Malpica de Bergantiños, Edificio Casa do Mar (A Coruña), Boiro, Serra de Outes, Monforte, Xinzo de Limia, Nigrán, O Grove e Tui
Sábado 19 de decembro Boiro, Meirás, Baio (Zas), Nogueira de Ramuín, Xunqueira de Espadañedo e Maisqueauga A.D. Municipais Barreiros (Vigo)

Ademais, tamén existe a posibilidade de doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas.
LUGAR HORARIO
CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA (Santiago) Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DA CORUÑA (A Coruña) Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE
(Ferrol) Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas
HOSPITAL LUCUS AUGUSTI (Lugo) Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
COMPLEXO HOSPITALARIO DE OURENSE (Ourense) Luns das 08.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
Venres das 15.00 ás 22.00 horas
HOSPITAL PROVINCIAL (Pontevedra) Luns e venres das 08.00 ás 15.00 horas
Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas
HOSPITAL NICOLÁS PEÑA (Vigo) Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas

Doar: moi sinxelo
Pode doar sangue calquera persoa de máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C,...). A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e, mesmo, salvar a súa vida.

Para máis información, o CTG dispón da páxina web: ctg.sergas.es e tamén é posible chamar ao teléfono gratuíto para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles: 900 100 828

Doazón de medula ósea
A Consellería de Sanidade lembra, tamén, á cidadanía da nosa Comunidade Autónoma a importancia da doazón de medula ósea. A tal efecto, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Josep Carreras teñen a disposición das galegas e galegos unha páxina web http://galicia.medulaosea.org que facilita os trámites de rexistro aos potenciais doadores. Neste enderezo electrónico poden eles mesmos apuntarse. Unha vez que se anoten serán chamados para a correspondente entrevista por parte dos profesionais sanitarios.

Poden ser doadores de medula ósea, persoas de 18 a 55 anos que non padezan ningunha enfermidade que poida ser transmitida ou por en perigo a súa vida polo feito da doazón.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones