Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA REFORZA A CAMPAÑA DE DOAZÓN NAS XORNADAS PREVIAS Á PONTE FESTIVA DO 20 DE MARZO

As unidades móbiles do CTG visitarán máis de 30 concellos galegos no transcurso da presente semana, para aumentar a participación dos doadores e doadoras

As unidades móbiles do CTG visitarán máis de 30 concellos galegos no transcurso da presente semana, para aumentar a participación dos doadores e doadoras

Fecha: 17 de Marzo de 2015

Fuente: Centro Transfusión de Galicia

A campaña de doazón de sangue, que desenvolve a Consellería de Sanidade por medio do Centro de Transfusión de Galicia (CTG), refórzase nas xornadas previas á ponte festiva de marzo en previsión dun incremento da demanda de compoñentes sanguíneos por parte dos centros sanitarios galegos.

 

Lamentablemente, os meses de verán, o Nadal e as pontes festivas soen coincidir cun notable incremento da demanda de compoñentes sanguíneos por parte dos centros sanitarios galegos, xa que nestas datas increméntanse as urxencias derivadas dos accidentes de tráfico.

 

Desprazamentos

As dez unidades móbiles do CTG visitarán, ao longo da presente semana, máis de 30 concellos galegos para acadar a participación necesaria para garantir o desenvolvemento do labor asistencial dos centros sanitarios galegos que, cada día, precisan 500 doazóns de sangue.

 

O CTG agarda novamente contar coa participación dos cidadáns nesta campaña de doazón de sangue e, para iso, tenta ofrecer as máximas facilidades aos cidadáns, mediante o desprazamento de dez unidades móbiles cada día que efectuarán as seguintes visitas:

 

DATA

CONCELLOS

Luns 16 de marzo

F. Ccas. Educación (A Coruña), Bº San Valentín (Fene), Ordes, Praza Roja (Santiago), Serra de Outes, Celeiro, O Vicedo, Entrimo, Lobios, Gondomar, Vila de Cruces e Zona As Travesas (Vigo).

Martes 17 de marzo

EU Arq. Técnica - F. Ccas. Educación (A Coruña), EU Enfermaría - EU Podoloxía - F. Ccas. do Traballo (Ferrol), F. Dereito (Santiago), Serra de Outes, Padrón, CIFP Politécnico (Lugo), Pontedeva, Quintela de Leirado, Bº O Couto (Ourense) e IES nº 1 Politécnico e Zona As Travesas (Vigo).

Mércores 18 de marzo

EU Arq. Técnica - F. Ccas. Educación (A Coruña), Arsenal Militar e Zona Ultramar (Ferrol), CIFP Compostela e IES Fontiñas (Santiago), IES Fco. Daviña Rey (Monforte), Monforte, Celanova, Cambados, Ponteareas e Arcade (Soutomaior).

Xoves 19 de marzo

Boiro, F. Socioloxía - F. Ccas. da Comunicación (A Coruña), Fene, Trazo, Baio (Zas), IES A Pinguela (Monforte), Monforte, Cartelle, Toén, Cambados, Tui e Arcade (Soutomaior)

Sábado 21 de marzo

Boiro, Baiñas (Vimianzo), As Somozas, Nogueira de Ramuín, Xunqueira de Espadañedo e Tui

 

Ademais, tamén existe a posibilidade de doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas.

 

LUGAR

HORARIO

CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA (Santiago)

Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas

Sábados das 8.00 ás 15.00 horas

COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DA CORUÑA (A Coruña)

Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas

Sábados das 8.00 ás 15.00 horas

HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE

(Ferrol)

Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas

Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas

HOSPITAL LUCUS AUGUSTI (Lugo)

Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas

Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas

COMPLEXO HOSPITALARIO DE OURENSE (Ourense)

Luns das 08.00 ás 22.00 horas

Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas

Venres das 15.00 ás 22.00 horas

HOSPITAL PROVINCIAL (Pontevedra)

Luns e venres das 08.00 ás 15.00 horas

Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas

HOSPITAL NICOLÁS PEÑA (Vigo)

Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas

Sábados das 8.00 ás 15.00 horas

 

Doar: moi sinxelo

Pode doar sangue calquera persoa de máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C,...). A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e, mesmo, salvar a súa vida.

 

Para máis información, o CTG dispón da páxina web: ctg.sergas.es e tamén é posible chamar ao teléfono gratuíto para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles: 900 100 828

 

Doazón de medula ósea

A Consellería de Sanidade lembra, tamén, á cidadanía da nosa Comunidade Autónoma a importancia da doazón de medula ósea. A tal efecto, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Josep Carreras teñen a disposición das galegas e galegos unha páxina web http://galicia.medulaosea.org que facilita os trámites de rexistro aos potenciais doadores. Neste enderezo electrónico poden eles mesmos apuntarse. Unha vez que se anoten serán chamados para a correspondente entrevista por parte dos profesionais sanitarios.

 

Poden ser doadores de medula ósea, persoas de 18 a 55 anos que non padezan ningunha enfermidade que poida ser transmitida ou por en perigo a súa vida polo feito da doazón.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones