Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O ceo de Tomiño encheuse de luz

Música da banda viguesa Welli Kings e solta de linternas de ceo para celebrar a candidatura a fondos europeos do programa Leader

Música da banda viguesa Welli Kings e solta de linternas de ceo para celebrar a candidatura a fondos europeos do programa Leader

Etiquetas del contenido

Fecha: 02 de Julio de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

Tomiño acolleu onte á noite o acto de remate do proceso participativo do Grupo de Desenvolvemento Local GDR14, que aglutina trece concellos da zona, cun concerto da banda viguesa Welli Kings e solta de linternas de ceo.

Na velada presentouse o documento coa candidatura final para xestionar os fondos LEADER no novo período 2014-2020, co que o GDR 14 opta a xestionar entre 3 e 5 millóns de euros.

A tomiñesa Praza do Seixo foi o escenario para a presentación da candidatura final, resultado do traballo dos últimos 3 meses, e no que a poboación participou activamente, dando ideas e facendo propostas, na elaboración da estratexia que define as liñas de investimento que serán prioridade neste período, para traballar polo desenvolvemento do territorio.

A presidenta do Grupo de Desenvolvemento Rural GDR14, Sandra González, resaltou a oportunidade única que supón o Programa LEADER Galicia 2014-2020 para seguir traballando no desenvolvemento do territorio rural, e puxo en valor o carácter participativo que xerou o documento. Agradeceu asemade o apoio e implicación co proceso de candidatura dos alcaldes e poboación dos trece concellos envolvidos.

O acto contou coa animación da banda viguesa Welli Kings, que fixo un percorrido musical a través de éxitos de todos os tempos, e tamén das cancións tradicionais de Galicia revisadas, fusionadas e re inventadas.

Ademais e como acto simbólico da finalización do proceso participativo, o público asistente terá a misión de facer unha solta de linternas de ceo, que iluminaron durante uns minutos o ceo tomiñés.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí