Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

O chef Juan Llorca desgranou erros e problemas que afrontar na alimentación infantil e posibles solucións durante a segunda xornada da V Semana da Educación de Tomiño

-Temos acceso á demasiada información e non temos por que saber cal é correcta e cal non-

-Temos acceso á demasiada información e non temos por que saber cal é correcta e cal non-

Fecha: 12 de Febrero de 2020

Fuente: Concello de Tomiño

Falar de alimentación e saúde é ter en mente unhas cifras moi alarmantes: 44.000 persoas morren cada ano en España por unha mala alimentación, unha taxa de mortandade máis alta que o tabaco; o 59% das enfermidades crónicas teñen a súa orixe na falta dunha dieta saudable; no 2030 máis de 27 millóns de españoles e españolas padecerán obesidade ou sobrepeso e, hoxe en día, xa o 34% dos nenos e nenas sofren sobrepeso e o 18% son obesos... "Todas estas cifras deberían facernos parar a reflexionar e replantexarnos o que está a pasar". Así de contundente se amosou o chef Juan Llorca durante a súa conferencia na segunda xornada da V Semana da Educación de Tomiño, na que desgranou os erros e problemas máis frecuentes que se atopan en materia de alimentación infantil e posibles solucións para afrontalos.

O chef, que abandonou as estrelas Michelín por cocinar nun centro Montesori, aproveitou a charla para desmitificar moita das afirmacións que chegan a nais, pais ou educadores por diferentes medios e que se toman como bases da educación alimentaria dos e das máis pequenas da casa. "Hoxe en día temos demasiada información, boa e mala, temos acceso a demasiadas opinións externas e non temos por que saber se son correctas ou non", explicou Llorca, quen salientou aspectos como a importancia de ensinar aos nenos e nenas a cociñar para "darlles máis ferramentas á hora de elixir que comer ou non comer" ou a necesidade de dispoñer na sanidade pública dun especialista en nutrición.

Galicia é unha das zonas de España con maior índice de prevalencia da obesidade en idade adulta, unha taxa elevada que tamén se reflicte en idades temperás e que "non deixa de ser unha enfermidade". "Hai moitos factores que inflúen en que cada vez haxa máis nenos e nenas con sobrepeso. Por exemplo, o sedentarismo é unha parte importante da ecuación, porque por moi ben que nos alimentemos se non temos actividade física estamos prexudicando á nosa saúde. Pero hai que ter unha cousa clara, como dicía Margaret Chan, ex directora da OMS: ningún dos factores que interveñen nas causas da obesidade infantil están baixo o control do neno ou da nena", destacou.

Unha charla didáctica e esclarecedora que, como salientou a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, "serve para darnos unha orientación, unha pauta, de como alimentar de forma saudable aos nosos fillos e fillas".
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí