Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O COLEXIO DE PSICOLOXÍA DENUNCIA A PRECARIZACIÓN LABORAL DA ASISTENCIA PÚBLICA EN SAÚDE MENTAL

Por segundo ano consecutivo non se convocan prazas para a especialidade de psicoloxía clínica na Oferta Pública de Emprego do Sergas, o que implica desatender unha necesidade evidente.

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) lamenta que se recorra á externalización a través de convenios con oenegués para a prestación de servizos de saúde mental.

Fecha: 07 de Octubre de 2015

Fuente: Colexio Oficial de Psicoloxía

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia denuncia a grave precarización laboral que se está a producir na atención especializada pública en saúde mental en Galicia, especialmente no que afecta á psicoloxía clínica. Ante o devir das decisións da Administración autonómica, esta institución ve imprescindible poñer sobre a mesa as consecuencias dos recortes que están a incidir sobre a calidade asistencial que reciben as persoas usuarias da sanidade pública galega.

En distintas ocasións, o Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) que forma parte do COPG, vén recibindo demandas de atención psicolóxica desde centros hospitalarios diante de situacións de emerxencia. Pola contra, o GIPCE non pode actuar nestes casos, xa que por lei os hospitais teñen a obriga de contar co seu propio equipo de saúde mental e con protocolos específicos para este tipo de situacións. Así, evidénciase a falta de interese, por unha banda, e a ausencia dunha adecuada protocolización dos psicólogos e psicólogas neste campo, malia que os propios equipos directivos do SERGAS recoñecen que existe esta importante necesidade.

Desde o COPG somos conscientes de que esta situación de crise económica obriga a uns recortes duros que afectan a toda a asistencia sanitaria pública, pero non pode servir como escusa para que non se realicen de forma proporcionada e razoable. Coa crise como pretexto, abandonouse o Plan Estratéxico de Saúde Mental, que implicaría un mínimo crecemento dos recursos humanos, incluídas tamén as psicólogas e psicólogos clínicos. A Administración polas súas actuacións recoñece a necesidade de prestar asistencia psicolóxica desde os seus centros públicos, pero no canto de aumentar os recursos propios, asinou convenios con oenegués para a prestación en oncoloxía ou coidados paliativos, por exemplo. Este tipo de contratación implica poñer nun serio compromiso á autonomía coa que exercen os psicólogos e psicólogas dependentes de entidades alleas aos centros médicos, repercutindo finalmente sobre as persoas usuarias finais, é dicir, pacientes.

Desde o COPG consideramos imprescindible garantir a autonomía dos e das facultativas especialistas, e iso só se pode conseguir a través de prazas públicas no SERGAS. Tamén hai anos que vimos denunciando o procedemento imposto en certas unidades de atención primaria que obriga a derivar primeiro a psiquiatría e que unha vez se teña o seu visto bo poida acceder a psicoloxía clínica, o que supón unha inxustiza e unha falta de recoñecemento ao traballo dos e das psicólogas clínicas.

Convocatoria da OPE 2015 do SERGAS

Estes feitos agrávanse coa ausencia por segundo ano consecutivo de prazas para a especialidade de psicoloxía clínica na Oferta Pública de Emprego (OPE) do SERGAS, o que implica desatender unha necesidade evidente, recoñecida pola propia Administración que palía con convenio externos, precarizando os e as profesionais, limitando a súa autonomía e redundando finalmente na asistencia ás persoas usuarias, como aconteceu no caso do accidente do rally de Carral.

Cando a situación actual, agravada pola crise económica, está a repercutir na saúde da cidadanía, especialmente a nivel mental, non investir en facultativos/as da especialidade de psicoloxía clínica é un acto de irresponsabilidade. Esta decisión, por segundo ano consecutivo, é realmente grave e demostra a deixadez desta Administración no relativo á especialidade de psicoloxía clínica, como por exemplo tamén a obviou para a supervisión do proxecto europeo de investigación para o tratamento da depresión online que deu comezo este ano na nosa Comunidade.

Desde o Colexio consideramos que é inadmisible unha nova Oferta Pública de Emprego do SERGAS que non contemple a especialistas de psicoloxía clínica, e que a asistencia psicolóxica se ofreza a través de prazas públicas e non de convenios con oenegués. A Xunta de Galicia debe actuar con responsabilidade e non continuar a favorecer a precarización dos e das profesionais que prestan a asistencia pública en psicoloxía clínica.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones