Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

O comercio de Tomiño únese e reivindícase con letreiros de -Se vende-

A razón que leva ós comerciantes a facer esta campaña é para intentar concienciar ós cidadáns da importancia do pequeno comercio.

A razón que leva ós comerciantes a facer esta campaña é para intentar concienciar ós cidadáns da importancia do pequeno comercio.

Fecha: 01 de Marzo de 2019

Fuente: Adeto

No día de hoxe chegamos O Seixo, centro de Tomiño, e atopamos os escaparates dos comercios e hostalaría local con frases de "se vende", así coma outras a favor do pequeno comercio.

Esta iniciativa xorde dun grupo de comerciantes mentres tomaban un café e falaban da mala situación que se vive nos últimos tempos. Decidiron facer unhas frases e repartilas a todos, unindo así a comerciantes pertencentes a ADETO, asociación de comerciantes de Tomiño, e tamén os que non son socios. "Decidimos facela precisamente hoxe por ser o Venres de Foliada, día do ano no que máis xente acolle o casco urbano con motivo do desfile de comparsas" comentan.

A razón que leva ós comerciantes a facer esta campaña é para intentar concienciar ós cidadáns da importancia do pequeno comercio.

Os comerciantes non só fan posible que haxa vida nos pobos, barrios, rúas..., senón que son parte activa da economía e a actividade local. Un comerciante paga os seus impostos, crea postos de traballo e ademais, na medida do posible, colabora coas festas e as celebracións que se realizan no concello ó longo do ano.

Agora que se vai facer a humanización nunha parte do centro, ¿quén pode imaxinar ir camiñando e ver cara un lado e o outro e atoparse cos locais pechados?

"Isto é algo no que todos nos deberíamos parar a pensar de vez en cando. Con todo isto non queremos dicir que non se poida comprar por internet ou ir a unha área comercial, creemos que, sen dúbida, todo é compatible".
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí