Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O comercio galego celebrará do 16 ao 30 de xuño os -Días azuis- para dinamizar as vendas e premiar a fidelidade dos seus clientes

os consumidores que merquen no pequeno comercio durante os días de duración da campaña poderán participar nun sorteo no que se repartirán 16.000 euros

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, presentou a iniciativa xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, e o director de Rede Comercial de Abanca, Gabriel González Eiroa

Fecha: 15 de Junio de 2017

Fuente: Xunta de Galicia

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, presentou hoxe a iniciativa Días azuis do comercio galego, que se celebrará do 16 ao 30 de xuño en toda a comunidade co obxectivo de dinamizar as vendas nos establecementos de proximidade e premiar a fidelidade dos seus clientes.

 Máis información:

http://diasazuis.com/

Vázquez Abeal, que estivo acompañada polo presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, e o director da Rede Comercial de Abanca, Gabriel González Eiroa, explicou que todos os consumidores que merquen no pequeno comercio durante os días de duración da campaña poderán participar nun sorteo no que se repartirán 16.000 euros.

Os clientes dos comercios, que deberán gardar ou fotografar o tícket de compra como xustificante, poden enviar un sms ao teléfono 981 099 093 co texto "DIASAZUIS", seguido do nome e o apelido; rexistrar a compra a través da páxina www.diasazuis.com , ou ben facelo a través do comerciante.

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, presentou hoxe a iniciativa Días azuis do comercio galego

Os premios, achegados por Abanca, distribuiranse en 8 tarxetas de prepago de 500 euros (dúas por provincia); 20 tarxetas prepago de 300 euros (cinco por provincia) e 40 tarxetas prepago de 150 euros (10 por provincia). Estas tarxetas deberán ser utilizadas para comprar novamente no comercio de proximidade galego, durante todo o 2017. O sorteo terá lugar ante e por notario o día 5 de xullo. Ademais, durante os tres venres da campaña realizaranse actividades de dinamización en distintas localidades.

A iniciativa, impulsada pola Xunta e a Federación Galega de Comercio en colaboración coas federacións provinciais de comercio e as asociacións e centros comerciais abertos, ademais de Abanca, enmárcanse no Plan Estratéxico de Impulso ao Comercio de Galicia, que contempla 55 accións específicas ata 2020, e que ten contribuído ao reforzo do sector, que no mes de abril conseguiu incrementar as súas vendas nun 0,9% con respecto ao mesmo mes do ano anterior fronte ao descenso do -1% rexistrado a nivel nacional; un crecemento que en Galicia alcanza o 1,4% no primeiro cuadrimestre de 2017.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones