Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Concello consolidará o espazo peonil en Pías cunha intervención na contorna da rúa da Estrada

A alcaldesa explicou o proxecto nun encontro participativo no que se recolleron as ideas, suxestións e necesidades detectadas pola veciñanza

A alcaldesa explicou o proxecto nun encontro participativo no que se recolleron as ideas, suxestións e necesidades detectadas pola veciñanza

Etiquetas del contenido

Fecha: 24 de Diciembre de 2022

Fuente: Concello do Rosal

Recuperar o espazo público respectando o valor patrimonial da contorna. Ese é o obxectivo do proxecto de recuperación do espazo peonil que o Concello prevé levar a cabo na contorna da rúa da Estrada, en Pías, onde se celebra o San Gregorio e que contempla tamén a integración dos camiños de San Gregorio e do Cotro. Unha iniciativa para a que o Concello acadou unha subvención de máis de 12.000 euros a través da Rede Ágora da Deputación de Pontevedra para a redacción deste proxecto  que prevé unha intervención en dous tramos duns 630 metros e 3.500 m2 de superficie.

A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, mantivo un encontro participativo coa veciñanza para debullar os pormenores desta iniciativa “que busca recuperar a contorna devolvendo a rosaleiros e rosaleiras espazos de estancia, de lecer, de convivencia... en todos os nosos barrios e parroquias”. Durante a reunión, celebrada na Escola Unitaria de Pías, o Goberno municipal recolleu as ideas, suxestións e necesidades detectadas pola veciñanza desta zona antes de comezar a desenvolver o proxecto definitivo.  

Entre as achegas destacou o grande interese por poñer en valor os bens patrimoniais e etnográficos da contorna, xerando un importante debate arredor da conservación da moreira que ocupa o espazo central da praza ou sobre a posición actual do cruceiro, que na actualidade está situado moi pegado a unha vivenda. Ademais tamén se abordou a posibilidade da recuperación do lavadoiro como zona de estancia e desfrute para as persoas e a inclusión do camiño da Melania no proxecto de recuperación.

O obxectivo é transformar unha zona con vivendas unifamiliares moi pegadas ao camiño na maioría dos casos, con vieiros estreitos empregados como zona de circulación e estacionamento, nun espazo de esparexemento no que se teñan en conta os elementos de elevado interese patrimonial da contorna, como un cruceiro, un lavadoiro ou a propia capela de San Gregorio.

Devólvese así á veciñanza un espazo moi empregado dende sempre como lugar de encontro, especialmente nas festas, e que dá acceso a varios puntos de interese como as zonas de paseo arredor do Miño ou o parque de Pías. Durante o encontro participativo, os veciños e veciñas concordaron en que o uso dese espazo debe ser tras a reforma prioritariamente residencial.

Así, a través deste proxecto, incrementarase a superficie de espazo peonil e crearanse espazos de encontro mediante a recuperación de tramos de camiños tradicionais nos núcleos rurais, limitando o acceso de vehículos e creando ámbitos singulares que poñan en valor os elementos do patrimonio ambiental, paisaxístico, patrimonial e identitario rosaleiro.

Ademais deste proxecto de recuperación do espazo público, durante o encontro tamén se trataron outros temas de especial relevancia para o barrio e para o municipio, como a transformación que se está a levar a cabo nas escolas unitarias ou as melloras progresivas que se prevén seguir desenvolvendo en Pías.

No proceso de planificación previa feita polo Concello para levar a cabo os proxectos de recuperación do espazo público, o Goberno municipal xa realizou diferentes intervencións para a renovación do saneamento, e incluso dalgún tramo da redes de pluviais, co obxectivo de facelo máis eficiente en termos de funcionamento.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí