Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello crea unha plataforma online de xestión de incidencias para a veciñanza

O obxectivo é reducir tempos na tramitación dos avisos e abrir un novo canle de comunicación entre a administración e a cidadanía

O obxectivo é reducir tempos na tramitación dos avisos e abrir un novo canle de comunicación entre a administración e a cidadanía

Fecha: 02 de Agosto de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

Co obxectivo de axilizar a comunicación coa veciñanza e reducir o tempo de actuación para solucionar as súas demandas, o Concello de Tomiño ven de habilitar na súa páxina web unha plataforma para a xestión de incidencias, onde a través dun formulario a cidadanía poderá comunicar ao gobernó municipal un problema e solicitar a súa solución. A plataforma permite dar avisos sobre varios servizos ou ben municipais. En primeiro lugar sobre o alumeado público, puidéndose tramitar a reparación ou corrección dos tramos apagados, tramos intermitentes, rexistros de farois abertos con cables ao aire, tapas de arquetas afundidas ou rotas... Tamén se poderá informar sobre os camiños, reclamando a reparación dun daño ou deterioro do pavimento, xa sexa na beirarrúa ou na calzada.

En terceiro lugar, haberá un apartado para dar avisos sobre niños de vespas velutinas. Poderase solicitar a retirada dos niños e para iso é necesario que, no momento no que se crea a incidencia, ademáis da dirección onde se atopa o niño, é moi importante que se especifique a localización, a altura á que se atopa e o seu tamaño.

Por último, haberá un espazo de incidencias xerais, no que que se poderá informar sobre calquera dano, deficiencia ou anomalía que se considere oportuna.

"Queremos que a veciñanza poida facer todo tipo de xestións telemáticamente", asegura o concelleiro de Mantemento, Lois Vázquez. A través do enlace http://tomino.gal/xestion-de-incidencias/ , os usuarios e usuarias poderán rexistrarse, comunicar a súa incidencia e estar informados en todo momento do estado da súa xestión. Unha vez se rexistre a incidencia, chegaralle unha comunicación inmediata tanto a Lois Vázquez como ao responsable do departamento correspondente para comezar a traballar na súa rápida resolución. Cando a incidencia esté solucionada, o usuario ou usuaria que a rexitrou recibirá un correo electrónico.


Actualmente, no rexistro municipal entran cada día entre cinco e dez incidencias, a maioría delas informando sobre alguna anomalía no alumeado público.

A creación dunha plataforma de xestión de incidencias é un paso máis do Concello de Tomiño a hora de facilitar a veciñanza as súas xestións municipais e únese á sede electrónica, onde os tomiñeses e tomiñesas xa podían levar a cabo trámites como a solicitude de certificados, rexistrar instancias e levar cabo diversos trámites administrativos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones