Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello de Tomiño abre o prazo de axudas dirixida ás comunidades de usuarios de augas do municipio.

O Concello de Tomiño investirá máis de 50.000? na mellora das comunidades de usuarios de augas do municipio.

O Concello de Tomiño investirá máis de 50.000? na mellora das comunidades de usuarios de augas do municipio.

Fecha: 18 de Mayo de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño ven de abrir o prazo de presentación de solicitude de axudas ás comunidades de usuarios de augas do municipio. As bases foron publicadas o pasado 3 de maio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e tamén se poden consultar na web municipal tomino.gal .

O Concello de Tomiño continúa coa colaboración que ven prestando ás comunidades de usuarios de augas e este ano 2018 destinará unha partida de 50.000€ do orzamento municipal. A colaboración materialízase nunha liña de axudas competitivas destinada a cofinanciar proxectos para mellora dos sistemas de captacións de augas, como poden ser fontes, pozos ou o entorno dos mesmos. Por outro lado, a mellora dos sistemas de almacenamento e potabilización, como os depósitos e equipos de filtrado, decantación e cloración. E por último, o terceiro obxectivo da liña de axudas é a extensión ou mellora dos sistemas de distribución de auga.

Ademais da liña de axudas competitivas, o Concello cofinancia, para todos os comunidades de augas, unha serie de investimentos e gastos asociados coa mellora na transparencia e publicidade do estado das augas, coa potabilización obrigada das augas de consumo, e coa documentación que as comunidades deben ter obrigadamente, ven pola normativa actual e incluso anticipándose a incrementos de esixencia futuros. Entre estas axudas directas e xeralizadas, están os controis obrigatorios da calidade das augas, os consumibles para a cloración e a elaboración de Protocolos Sanitarios ou inscrición no Sistema de Información Nacional de Augas de Consumo.

A Concelleira de Medio Ambiente, María Xosé Vázquez, destaca "a continuidade das accións que de forma conxunta levamos a cabo coas comunidades de usuarios de auga e que reportan un beneficio claro e directo para o conxunto dos veciños de Tomiño". A Concelleira engade que "a boa saúde das comunidades de usuarios é sinónimo de garantía nun servizo fundamental para o conxunto da cidadanía como é o uso da auga, un ben de primeira necesidade".
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones