Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CONCELLO DE TOMIÑO ACHEGA 140.000 EUROS PARA REMATAR A ESCOLA INFANTIL DE GOIÁN

A obra ascende a máis de 600.000 euros

A obra ascende a máis de 600.000 euros

Fecha: 16 de Abril de 2015

Fuente: www.concellotomino.com

O goberno municipal de Tomiño proporálle ao pleno da corporación unha modificación de créditos para achegar máis de 140.000 euros ás obras da Escola Infantil de Goián que se constrúe na parcela da antiga Casa Médica, cedida polo Concello de Tomiño á Xunta de Galiza.

As obras realízanse grazas a un convenio entre o Concello de Tomiño e a Xunta de Galiza e ascenden a 610.000 euros, onde o concello achega o 40%, xa que as escolas infantís son competencia exclusiva da Xunta de Galiza.

As obras escomezaron hai 10 meses e diante da súa importancia viuse necesario unha ampliación do convenio coa Xunta para poder rematar as obras de rehabilitación da Casa Médica e realizar as obras da urbanización da parcela.

Os problemas económicos que arrastra a Xunta de Galiza obriga ao goberno municipal a lle propoñer ao pleno adiantar o diñeiro para ver rematadas as obras para que os pais e nais de Goián poidan contar cunha escola infantil canto antes. No próximo ano, a Xunta de Galiza, devolveralle ese diñeiro ao Concello de Tomiño.

A Escola Infantil de Goián, que vai ser a segunda escola infantil do concello, vai ter 61 prazas e prevese que estea en funcionamento durante o curso 2015-2016.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones