Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello de Tomiño acondiciona o Espazo Fortaleza e arredores para o verán

A apertura do punto de información, o acondicionamento da praia fluvial e a contratación de socorristas veñen a sumarse á limpeza integral da fortaleza, que pode visitarse libremente

A apertura do punto de información, o acondicionamento da praia fluvial e a contratación de socorristas veñen a sumarse á limpeza integral da fortaleza, que pode visitarse libremente

Fecha: 23 de Julio de 2019

Fuente: Concello de Tomiño

Coma cada verán, o Concello de Tomiño acondiciona o Espazo Fortaleza e arredores, na parroquia de Goián, de forma que este enclave ofreza ás persoas visitantes ou usuarias habituais, desfrutar da praia fluvial sobre o río Miño, percorrer a antiga Fortaleza de San Lourenzo, alugar bicis e kaiaks; solicitar información turística, ou pedir en préstamo xogos e libros no Punto de Información.

O horario de apertura do Punto Fortaleza é de xoves a domingo (xoves e venres do mes de xullo: de 17.30 a 21.30; sábados e domingos de xullo: de 16:30 a 20:30 horas. En agosto será de xoves a domingo, de 16.30 a 20.30 horas. Ademais do préstamo de xoguetes, xogos de mesa, libros e revistas, tanto para público infantil, coma para adulto, ofrécense unha serie de espazos para uso das persoas que visiten as instalacións, coma por exemplo, un espazo para a lactación, para que as mamás poidan aleitar e/ou descansar coas súas bebés, ou o espazo de xogo infantil, no que nenas e nenos a través do xogo libre desenvolven a súa creatividade.

Ao fronte do Punto Espazo Fortaleza están Tamara Gagliardi e Karina Bouzada. Ambas as dúas realizan actividades para público, na súa maioría infantil, tales coma obradoiros de reciclaxe, de plástica, de fabricación de xoguetes, conta-contos, xogos populares, etc.
Ofrecen ademais información turística e sobre as actividades culturais que se realizan tanto no concello de Tomiño, coma no resto da comarca.
En agosto poderase tamén alugar kaiaks e bicicletas.

A praia fluvial de Goián conta, ademais, con dous socorristas na tempada estival, aos que se instalará nestes días unha cadeira de vixilancia, para controlar mellor os distintos puntos da praia e do río. O horario de verán para eles é de 13.00 a 20.30 horas, os meses de xullo e agosto, rematando o día 1 de setembro de 2019.

Limpeza fortaleza
Por outra parte e coma vén sendo habitual cada verán, o Concello procedeu a limpar de maleza todo o terreo da Fortaleza de San Lourenzo, por dentro e por fora, incluíndo os muros, portas, fosos e pasadizos. A actuación foi levada a cabo pola empresa Miño Xardín e consistiu en rozar perimetralmente os muros mediante tractor, e as paredes laterais e foxos, con rozadoiras manuais, nunha área total de case 40.000 metros cadrados.

Noutra orde de cousas, e tal coma se anunciou recentemente, a Deputación destinará 200.000 euros ao acondicionamento do Espazo Fortaleza no marco do proxecto "Visit Río Minho". A actuación forma parte da creación do primeiro parque transfronteirizo de lecer de Europa, froito da unión do Castelinho e a Fortaleza.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones