Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CONCELLO DE TOMIÑO ADICARÁ A SANEAMENTO MÁIS DO 40% DO PLAN CONCELLOS 2016

O investimento total, de máis de 1.200.000 euros, será repartido entre medidas de emprego, obras e urbanización de diferentes zonas

O investimento total, de máis de 1.200.000 euros, será repartido entre medidas de emprego, obras e urbanización de diferentes zonas

Fecha: 21 de Marzo de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño adicará máis do 40% do investimento do Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2016, financiado pola Deputación Provincial, a obras de saneamento. Así do 1.237.016,69 euros do plan, máis de 514.000 destinaranse ao saneamento dos núcleos de Camiño Novo, Pazos, Rexidouro e A Val (258.389,11 euros), e Carregal de Abaixo (200.000). As accións completaranse co baleirado de foxas sépticas, para o que se mercará un tractor especial, valorado en máis de 56.000 euros.

Outra partida moi considerable (case 220.000 euros) será a adicada á contratación de 25 persoas desempregadas (sen prestación algunha) destinadas á área de conservación de bens e servizos (xardinería, construción, carpintería, mecánica de mantemento, soldadura, electricidade, administración xeral, etc.).
Os contratos terán unha duración de 10 e 8 meses, dependendo do caso, e a xornada será de 35 horas semanais.

Perto de 100.000 euros destinaranse á urbanización de zonas verdes e pavimentación de camiños. Neste apartado figuran accións coma a urbanización do espazo A Carballeira e acondicionamento de zona verde espazo O Regatiño, en Goián, e pavimentación do viario municipal TOM-036, no núcleo do Seixo.

Dentro do plan haberá dúas actuacións no eido dos equipamentos educacionais e deportivos, coma a construción dunha pista de atletismo na área de Mosteiro e a reforma do patio interior da escola infantil do Seixo.

Outras intervencións de interese son a reforma e mellora da accesibilidade no Salón de Plenos para que sirva ademais coma sala de usos múltiples (200.000 euros) e a instalación dunha cafetaría e servizos públicos no Espazo Fortaleza de Goián (123.000 euros).

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, salientou durante a presentación do plan, esta semana, ante os concelleiros da oposición, o esforzo do goberno local por temas tan importantes coma o saneamento, ao que se adica máis do 40% do investimento, a mellora de espazos públicos e a educación.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones