Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CONCELLO DE TOMIÑO APROBA A NOVA ESTRUCTURA DO GOBERNO MUNICIPAL

Nomeáronse tenentes de alcalde, composicións das comisións informativas permanentes, xunta de goberno, membros da mancomunidade do Baixo Miño e peridiocidade das sesións plenarias.

Nomeáronse tenentes de alcalde, composicións das comisións informativas permanentes, xunta de goberno, membros da mancomunidade do Baixo Miño e peridiocidade das sesións plenarias.

Fecha: 11 de Julio de 2015

Fuente: www.concellotomino.com

O pleno do Concello de Tomiño celebrado na tarde de onte, deu luz verde a composición do novo equipo de goberno. A Alcaldesa, Sandra González, presentou as novas delegacións e a asignación das mesmas aos concelleiros  e concelleiras electos no pasado mes de maio.

As áreas delegadas distribúense do seguinte xeito:

 

Área de Política Económica e estratéxica

  • Concellería de Planificación Territorial, Facenda e proxectos estratéxicos: Uxío Benítez Fernández
  • Concellería de Medio Ambiente e Optimización dos Servizos Públicos: María Xosé Vázquez Rodríguez
  • Concellería de Promoción económica e réxime interior: Antonio Tartaglione Cal

 

Área de Política Social

  • Concellería de Cultura e Servizos Sociais: Ana Cristina Martínez Souto
  • Concellería de Turismo, Patrimonio e Mocidade: Fátima Rodríguez González
  • Concellería de Deportes: Ismael Troncoso Martínez

 

Área de Obras, Seguridade e Mantemento

  • Concellería de Obras e Saneamento: Francisco Campo Lago
  • Concellería de Medio Rural, Mantemento e Persoal: Lois Vázquez Calvo
  • Concellería de Seguridade, Tráfico e Alumeado Público: Manuel Álvarez González

 

A área de Educación non se delega e segue xestionada de xeito directo pola Alcaldesa, Sandra González.

Ademáis, na sesión plenaria deu conta do nomeamento dos tenentes de alcalde que se configuran da seguinte maneira:

  • Uxío Benítez Fernández, 1º Tenente de Alcalde
  • Ismael Troncoso Martínez, 2º Tenente de Alcalde
  • Manuel Álvarez González, 3º Tenente de Alcalde
  • Fátima Rodríguez González, 4º Tenente de Alcalde
  • Maria Xosé Vázquez Rodríguez, 5º Tenente de Alcalde

A composición da xunta de goberno local e comisións informativas foron aprobadas cos votos a favor do BNG, abstención do CdT e en contra do PP. Pola contra, a designación dos membros do Concello na Mancomunidade do Baixo Miño tamén foron a votación e aprobados co apoio do PP e abstención do CdT.

A Alcaldía, ademáis, propuxo unha periocidade de dous meses para a celebración dos plenos ordinarios. A data para súa celebración acordouse para os derradeiros venres ás 20h.

Seguindo na mesma liña, o pleno da corporación fixou as xuntas de goberno para os luns ás 12h.

No próximo pleno o novo equipo de goberno levará a súa aprobación unha reestructuración das adicacions exclusivas e parciais que viñan exercendo até agora, tendo en conta o novo escenario da futura incorporación de Uxío Benítez como deputado provincial.

A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, manifestou a súa satisfacción por "a constitución deste goberno, formado por persoas implicadas e responsables das que estou segura que levaran a cabo unha excelente  xestión municipal. A organización das concellerías levouse a cabo tomando como eixo a disponibilidade e experiencia profesional dos concelleiros electos, consensuando as súas adicacións coa súa labor profesional. Estou segura que os novos concelleiros tomarán o relevo dos compañeiros saintes e que de xeito desinterado adicaron o seu tempo e coñecementos ao servizo do municipio".

Sandra González explicou que "a nova distribución por áreas funcionariais permitirán unha xestión máis compartida e eficiente".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones