Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello de Tomiño axuda por segundo ano consecutivo ás traídas de auga, cun investimento total de 50.000 euros

Das 31 traídas existentes no municipio, 25 recibirán subvención para mellorar os sistemas de captación, almacenamento e potabilización da auga

As comunidades financiadas abastecen a 3000 habitantes

Fecha: 03 de Octubre de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

Vinte e cinco comunidades de usuarios de auga de Tomiño, recibirán unha subvención por parte do Concello, que lles permitirá facer fronte a gastos de materiais, equipamentos e man de obra para realizar melloras dos sistemas de captación de auga (fontes e pozos e o seu entorno); sistemas de almacenamento e potabilización (depósitos e o seu entorno, filtración, decantación, filtración), e sistemas de distribución (extensión ou mellora nas redes de distribución).

A convocatoria saíu publicada no BOP (Boletín Oficial da Provincia) o 3 de maio pasado e o prazo de entrega de documentación rematou o 4 de xuño. A comisión técnica avaliadora dos proxectos reuniuse o 10 de agosto. A partida total para as axudas competitivas ascende a 40.000 euros, que se repartirán entre 25 traídas de auga que entregaron a documentación requirida e cumpriron os requisitos, e que abastecen un total de 3000 persoas.

A concelleira de Medio Ambiente, María Xosé Vázquez, explicou ademais que dos conceptos incluídos na convocatoria de subvención, o Concello financia para todas as traídas (cunha partida de 10.000 euros adicionais), parte do custo (50%) das analíticas anuais e kits de cloración; 100% de medidores de cloro, e 100% da alta no Sistema de Información Nacional de Augas de Consumo e na elaboración de protocolos sanitarios, polo que o investimento total nas traídas de augas do Concello de Tomiño no ano 2018 ascende a 50.000 euros.

"Este é o segundo ano que se conceden as subvencións e, que saibamos, non hai outro concello que teña un programa de axudas similar", puntualiza a concelleira. Debido ao novidoso deste tipo de programas de axudas, o Concello de Tomiño foi convidado o pasado mes de xuño a unhas xornadas na Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), denominadas "Os abastecementos veciñais a estudo. Propostas de xestión", na que se explicaron os proxectos desenvolvidos nos concellos de Tomiño e Abegondo, a través de conferencias de representantes de ambos concellos, da Dirección Xeral de Saúde Pública e de Augas de Galicia. O obxectivo destas xornadas era que outros concellos de Galicia puidesen coñecer políticas públicas de apoio a estes sistemas comunitarios de provisión de auga, tan comúns na Galicia rural.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones