Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello de Tomiño celebra pleno este xoves

Xoves día 13 de xullo de 2017 ás 21 horas

Xoves día 13 de xullo de 2017 ás 21 horas

Fecha: 13 de Julio de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño celebra pleno de carácter ordinario, ás 21 horas do xoves día 13 de xullo de 2017 en primeira convocatoria, e unha hora máis tarde, en segunda, coa seguinte

ORDE DO DÍA


1. APROBACION ACTA SESION ANTERIOR 20 ABRIL 2017

2. PROPOSTA DA ALCALDIA DESAFECTACION REDE WIMAX

3. MOCION COPAXO

4. PROPOSTA CREACION SEDE ELECTRONICA

5. PROPOSTA APROBACION REGULAMENTO VALEDOR CIDADANIA
TRANSFRONTERIZA

6. MOCION ALCALDIA MODIFICACION CONVENIO ENTRE AXENCIA
GALEGA DE INFRAESTRCTURAS A DEPUTACION DEPONTEVEDRA E O
CONCELLO DE TOMIÑO, PARA A "MELLORA DA CONEXIÓN ENTRE A
EP-3102 TOMIÑO, SABARIS E A PO -344

7. MOCION TRAMITAR ACCIONS PRECISAS PARA A CONSIDERACION DE
TOMIÑO COMO CIDADE AMIGA DA INFANCIA

8. DAR CONTA RESOLUCIONS DA ALCALDIA

9. DAR CONTA INFORME PMP 1T 2017;INFOME MOROSIDADE 1 T 2017;
INFORME EXECUCION TRIMESTRAL 1 T 2017;EXECUCION DE GASTOS E
INGRESOS, ACTAS DE ARQUEO ABRIL E MAIO 2017

10. ROGOS E PREGUNTAS


ESCRITO SOBRE AS COMUNIDADES DE USUARIOS PARA LEVAR A SESIÓN PLENARIA DO CONCELLO


Galicia ten máis de 30.000 núcleos de poboación dispersos polo territorio, onde habitan os seus 2.700.000 habitantes. Deles, 650.000 son usuarios de auga a través das Comunidades de Usuarios (ou Traídas).
As Comunidades de Usuarios, anteriormente coñecidas como Traídas de Augas, en Galicia xurdiron para paliar as carencias do servicio de abastecemento de auga no medio rural nos años 60. Ante a dispersión dos núcleos e a dificultade por levar a auga a tódolos puntos do territorio, miles de usuarios víronse sen servizo nas súas casas. Por iso decidiron ir agrupándose en zonas para aproveitar as augas subterráneas dos seus montes e, eles mesmos, levar a cabo a construción da rede que servirá a tódalas vivendas de cada núcleo de poboación.
Inverteron o seu diñeiro e o seu tempo en construír toda a rede, dende os pozos de captación, pasando polos depósitos, ata canalizar e enganchar a auga en tódolos fogares. Moitas veces, os propios usuarios eran os que traballaban en ditas obras para abaratar os costes. A Administración non foi capaz de resolver esta situación, deixando no esquecemento estes pequenos núcleos de poucos habitantes. Por iso se pode considerar que as traídas de augas xurdiron para paliar as deficiencias da propia Administración.
Actualmente estanse denegando algunhas renovacións de concesións de auga das traídas dende os organismos de conca. A pesar de cumprir tódolos requisitos esixidos, tanto legais como sanitarios, e presentar certificados municipais firmados polos propios alcaldes dos Municipios de falta de rede municipal na zona, faise caso omiso a ditos papeis e, dende os propios organismos de conca, fanse unhas valoracións arbitrarias resolvendo as concesións de maneira negativa.
É por iso que as Comunidades de Usuarios deben contar co apoio de tódolos Alcaldes da comarca para defender aos miles de veciños que se están servindo de auga das traídas da zona. Necesitan o apoio unánime e firme dos Concellos, xa que é responsabilidade dos mesmos garantir a potabilidade das augas que consumen os veciños do seu pobo.
A Asociación de Traídas de Auga COXAPO está levando a cabo unha ampla recollida de firmas para presentar ante o Parlamento galego e pedir o cambio do artigo 124.2 do Regulamento do Dominio Público Hidráulico, que é polo que se ven afectadas as Comunidades de Usuarios. Dito artigo especifica que, para a renovación da concesión, é necesario unha certificación firmada polo Alcalde onde se aclare que o núcleo non pode ser abastecido pola rede municipal. Sen embargo, non se fala de distancias, nin de presións ou custos para os veciños que xa teñen o servizo garantido. O que se quere é unha convivencia de ámbalas redes, tanto a municipal como a das traídas, e que cada quen sexa libre de decidir, se ten acceso a ambas, a cal prefire engancharse.
As Comunidades de Usuarios requiren o apoio de tódolos organismos para cambiar este artigo de nivel estatal e pedir unha modificación para o territorio galego, tan diverso e tan diferente do resto de España neste tema do abastecemento de augas.

Ante o exposto, SOLICITAMOS:
• Aprobación plenaria na que se pida o cambio do artigo 124.2 do Regulamento de Dominio Público Hidráulico.
Nas vindeiras normativas que afecten ás traídas ou aos seus usuarios se teña en conta a especificidade do territorio galego neste sentido

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones