Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O CONCELLO DE TOMIÑO CELEBRA UN PLENO INFANTIL EN CONMEMORACIÓN DO 25 ANIVERSARIO DA CONVENCIÓN DOS DEREITOS DA INFANCIA

Máis de 50 nenos e nenas dos sete centros educativos municipais participan no pleno infantil.

Máis de 50 nenos e nenas dos sete centros educativos municipais participan no pleno infantil.

Etiquetas del contenido

Fecha: 21 de Noviembre de 2015

Fuente: Concello de Tomiño

O DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA que se celebra todos os anos o 20 de novembro, é un día adicado a todos os nenos e nenas do mundo. Este ano conmemoramos o 25 aniversario da Convención dos dereitos da infancia. É un día de celebración polos avances acadados, pero sobre todo é un día para chamar a atención sobre a situación dos nenos e nenas máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.

Por este motivo, o concello de Tomiño organizou un PLENO INFANTIL o venres 20 de novembro para sumarse a este chamamento mundial a favor da infancia e dos nenos e nenas máis vulnerables. Neste pleno participaron a alcaldesa, algúns membros da corporación, dúas representantes de UNICEF e alumnado e profesorado dos sete centros educativos do municipio. O obxectivo deste día é lembrarlle á cidadanía que a infancia é o colectivo que máis sufre as crises e os problemas do mundo.

Hoxe máis de 50 nenos e nenas tiveron a oportunidade non só de ler os máis de 40 artigos cos dereitos recollidos na convención, senón tamén de expoñerlle á alcaldesa as súas suxestións e solicitudes. Alén diso a rexedora municipal foi agasallada por parte do alumnado do CRA, co libro "A cidade dos nenos" de Francesco Tonucci, agasallo moi acertado xa que o concello de Tomiño ten a vontade de acadar o recoñecemento por parte de UNICEF de CIDADE AMIGA DA INFANCIA (CAI). Unha CAI respecta e aplica nas súas políticas, normas e programas os dereitos da infancia contidos na Convención dos dereitos dos nenos e das nenas.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí