Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CONCELLO DE TOMIÑO CLAUSURA A SEGUNDA EDICIÓN DA SEMANA SAUDABLE TRAS CINCO DÍAS DE PROGRAMACIÓN

Un obradoiro sobre interpretación da folla do SINTROM, unha conferencia sobre odolontoloxía impartida por Ignacio Rodríguez Núñez e -os nosos alimentos, as nosas medicinas- foton os contidos da última xornada.

Un obradoiro sobre interpretación da folla do SINTROM, unha conferencia sobre odolontoloxía impartida por Ignacio Rodríguez Núñez e -os nosos alimentos, as nosas medicinas- foton os contidos da última xornada.

Fecha: 09 de Abril de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

A segunda edición da Semana Saudable chegou ao seu fin. O Concello de Tomiño quixo celebrar o Día Internacional da Saúde, 7 de abril, cunha semana de conferencias e obradoiros centrados en temas de relevancia para as familias.

A Semana Saudable comezou o pasado luns adicando a xornada ao estrés e a meditación. O martes foron as problemáticas relacionadas coa mocidade as que protagonizaron os dous obradoiros: os abusos das novas tecnoloxías e o consumo de alcohol e drogas na adolescencia, ambos temas de especial interese para as familias.

O mércores, foi a sexualidade e o parto as cuestións sobre os que versaron o obradoiro de Nuria Peláez e a conferencia da Doutora Isabel Pardiñas.

Conmemorando o Día da Saúde, o xoves, acupuntura e beneficios do ioga centraron as xornadas cun público que participou de ambos talleres.

Na tarde do Venres, e xa rematando coa programación, contouse cos obradoiros de alimentación saudable da man do osteópata e naturópata Francisco Pérez Varela titulado "os nosos alimentos, as nosas medicinas". Susana Daviña Romero e Juan Carlos Varela Alonso, enfermeros do centro de saúde de Tomiño, ofreceron un obradoiro práctico sobre como interpretar a folla do SINTROM.

E finalmente, o odontólogo Ignacio Rodríguez Núñez nos falou de como as doenzas das encías afectan a saúde en xeral.

Máis de 500 persoas asistiron a estas xornadas nas que todos os obradoiros foron gratuitos e contaron con servizo da gardería para os máis pequenos.

Cristina Martínez, Concelleira de Benestar, destacou "o compromiso do Concello de Tomiño por mellorar a saúde mental e física da poboación".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones