Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CONCELLO DE TOMIÑO COMEZARÁ EN BREVE A CONSTRUCIÓN DUNHA PISTA DE ATLETISMO PARA USO COMPARTIDO ENTRE O COLEXIO PEDRO CASELLES E PARTICULARES

Tras a aprobación definitiva dos orzamentos 2015, nos que se consignou unha partida de 30.000 euros para esta obra, o goberno local ultima os trámites para poder empezar as obras

Tras a aprobación definitiva dos orzamentos 2015, nos que se consignou unha partida de 30.000 euros para esta obra, o goberno local ultima os trámites para poder empezar as obras

Fecha: 04 de Febrero de 2015

Fuente: www.concellotomino.com

O Concello de Tomiño comezará en breve as obras de construción dunha pista de atletismo situada na Área Deportiva do Mosteiro, a carón do colexio público CEP Pedro Caselles.

Tras a aprobación definitiva dos orzamentos 2015 (hai uns días), nos que se consignou unha partida de 30.000 euros para esta obra, o goberno local ultima os trámites para poder comezar as obras.

Trátase duna pista de atletismo para uso compartido (polas mañás será o alumnado o que a utilice, e polas tardes estará dispoñible para a veciñanza en xeral). Deste xeito, ampliarase a Área Deportiva do Mosteiro, que conta xa con varias pistas de tenis e pádel.

A alcaldesa, Sandra González, informou que o Concello xa solicitou os permisos e licenzas pertinentes á Xunta de Galicia, e simultaneamente, mantivéronse conversas coa Consellería de Educación sobre o uso compartido das instalacións, manifestando esta última estar de acordo.

"O goberno local ten entre as súas prioridades promover as actividades deportivas e realizar unha xestión eficaz dos recursos dispoñibles, e entendemos coma unha boa oportunidade potenciar a xestión e uso compartido destas pistas, que estarían a disposición de ambos colectivos, rentabilizando o investimento e incrementando o número de usuarios/as, o que reverte nun uso máis racional do equipamento", comenta González.

A experiencia previa, coas pista de tenis e pádel da área deportiva do Mosteiro, que comparten estudantes e particulares, é moi gratificante e beneficia tanto á comunidade educativa, coma a cidadanía en xeral. Empréganse por parte do alumnado e ao mesmo tempo, desenvólvense nelas actividades formativas coma as escolas municipais de tenis e pádel, organizadas polo Concello actividades formativas coma as escolas municipais de tenis e pádel, organizadas polo Concello.

Coa nova pista de atletismo, o Concello favorece a práctica de deportes alternativos, coma o "running", en auxe na actualidade, cunha maior seguridade vial, xa que moitos veciños corren polas estradas do municipio, cos perigos que iso supón.

A nova pista tería catro calles e 200 metros de lonxitude, cun peche perimetral que restrinxa o acceso ao colexio ou aos particulares, segundo o horario de que se trate.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones