Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CONCELLO DE TOMIÑO CONMEMOROU O DÍA CONTRA VIOLENCIA DE XÉNERO CO PROXECTO ARTÍSTICO -MULLERES EN ACCIÓN: VIOLENCIA ZERO-

Un grupo de mulleres recordou os nomes das vítimas de violencia machista acontecidas ao longo deste ano.

Ademáis, no mercado puidemos disfrutar da sesión de contacontos de Celso Fernández.

Fecha: 26 de Noviembre de 2015

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño conmemorou o 25 de novembro "Día Contra Violencia de Xénero" con actividades para todos os públicos.

A xornada comezou coa lectura dos nomes de todas as mulleres asasinadas a mans machistas no que vai de ano. Ademáis, repartíronse laciños brancos en contra das violencias machistas. Ambas actividades correron a cargo dun grupo de mulleres de Tomiño.

A artista Laura Piñeiro tamén participou co proxecto "Mulleres en acción: violencia zero". Programa da Deputación polo que diferentes artistas elaboraban diferentes propostas artísticas de xeito simúltaneo en varios concellos. No caso tomiñés, Laura Piñeiro elaborou un pano tecendo panos de peto que aportaron voluntarios e voluntarias en lembranza do fogar como parcela individual de cada vítima.

No mercado tamén puidemos contar coa sesión de contacontos de Celso Fernández que levantou unha grande expectación. Celso Fernández recordou o papel ao que estaban relegadas as mulleres ao longo da historia de xeito didáctico.

No mercado tamén se puido visitar a exposición "Mulleres galegas na historia" . Mostra formada por paneis na que se destaca a vida das mulleres máis representativas na historia de Galicia. Elas son: María Balteira, Inés de Castro, María Castaña, María Pita, María Soliña, Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán, Filomena Dato, La Bella Otero, Ernestina Otero, Maruja Mallo, Enriqueta Otero, María Antonia Dans, María Casares, Xela Arias e Julia Minguillón. A exposición poderá visitarse até o 6 de decembro no primeiro andar do mercado municipal.

Os mozos e mozas do programa "é aprender" tamén colaboraron nas actividades cun mural no que o alumnado puxo o molde da súa man e unha mensaxe. Este mural percorrerá todos os espazos "é aprender" do municipio.
A Alcaldesa, Sandra González, destacou a importancia de "visibilizar e concienciar de que a violencia machista nos incumbe a todos e todas". Segundo González, "o camiño debe vir guiado por conseguir erradicar o problema e para iso debemos tomar conciencia da importancia de levalo a cabo".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones