Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CONCELLO DE TOMIÑO CONTINÚA INVESTINDO EN SANEAMENTO E NO QUE VAI DE ANO DESTINOU MÁIS DE 770.000?

No vindeiro ano, continuarase o saneamento de Rexidouro, Pazos, A Val e Camiño Novo que permitirá dar servizo a máis de 400 vivendas.

No vindeiro ano, continuarase o saneamento de Rexidouro, Pazos, A Val e Camiño Novo que permitirá dar servizo a máis de 400 vivendas.

Fecha: 10 de Diciembre de 2015

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño remata o exercicio orzamentario con máis de 770.000€ investidos en saneamento. As actuacións neste 2015 centráronse, por un lado, en dotar de servizo de alcantarillado os barrios de San Benito (Tomiño), Os Bravos (Estás) e Rexidouro, Camiño Novo, A Val e Lameira; e por outro lado, en facer ramales que conectan zonas inconclusas en varias parroquias. En Goián, Gándara, San Lourenzo e Tollo; en Tomiño, en Salgosa, Pego, Vilar e San Benito ; e en Forcadela, Ramo, Vilardematos e Aldea. Ademáis, arranxouse os problemas de saneamento en Tomiño provocados polas diferenzas de nivel instalándose unha máquina de bombeo no Pego.

Os saneamentos de Os Bravos e San Benito fixéronse con cargo ao PUSIM 2014 (Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais) procedente da Deputación de Pontevedra. Os Bravos contou cun orzamento de 182.685€ e San Benito de 235.913€. Ambos investimentos suporán que máis de 100 vivendas terán acceso ao alcantarillado.

Ademáis, este ano iniciouse o saneamento que dará servizo aos barrios de Rexidouro, Camiño Novo, A Val, Lameira e Pazos. A obra contará con tres fases cuxo primeira ven de ser concluida neste días dotando a estes lugares dun colector que nun segunda fase, xa licitada, enganchará co colector en Mosteiro. Finalmente, procederase a facer os respectivos ramales que beneficiarán a máis de 400 vivendas. O orzamento total do saneamento de Rexedouro suporá 417.535,58€.

O Concello de Tomiño ademáis, destas grandes obras ten investido en tramos secundarios financiado con fondos propios. En Goián, levaronse a cabo ramales nos barrios de Gándara, San Lourenzo e Tollo beneficiando a máis de 40 vivendas. En Tomiño, deuse servizo a 30 familias en pequenos tramos que quedaran pendentes por problemas de dispersión poboacional nos barrios de Vilar, Pego, San Benito e A Pedra. En Forcadela, conectáronse 31 vivendas nas zonas que quedaran pendentes en barrios de Aldea, Souto, Gabín, Ramo, Vilardematos e Sobrelaveiga.

O Concelleiro de obras, Francisco Campo, sinala que "o Concello de Tomiño segue priorizando a extensión da súa rede de saneamento. Ao longo deste ano, téñense invertido fondos propios e doutras administracións co fin de paliar a deficitaria situación do servizo existente con anterioridade. Nos últimos oito anos a máis de 1.500 vivendas e extendido máis de 63.736 metros de alcantarillado."

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones