Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello de Tomiño contratará a 24 desempregados mediante o Plan Concellos da Deputación de Pontevedra

A cuarta concesión da Liña 3 de Emprego do Plan Concellos beneficiará a Moraña, Pontecesures e Tomiño

A cuarta concesión da Liña 3 de Emprego do Plan Concellos beneficiará a Moraña, Pontecesures e Tomiño

Fecha: 17 de Febrero de 2020

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a cuarta concesión de subvencións do Plan Concellos 2020 correspondentes á Liña 3 de Emprego, cunha achega de 463.526,05 euros para tres concellos da provincia, concretamente Moraña, Pontecesures e Tomiño. A presidenta provincial Carmela Silva informou que con esta cuarta relación "os tres concellos poderán contratar 40 traballadores e traballadoras".

Deste xeito, coa achega da nova concesión, o concello de Moraña poderá contratar 7 persoas traballadoras, Pontecesures 9 e Tomiño 24. As persoas contratadas dedicaranse a traballos de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais e son os propios concellos os que solicitan os postos a cubrir a través destas subvencións. A presidenta da Deputación explicou sobre algúns dos perfís solicitados que "se contratará peóns ou peoas de obra pública, de limpeza e de xardinaría, así como tamén monitores ou monitoras de servizos á comunidade ou ordenanzas". A selección do persoal faise entre persoas desempregadas a través do Servizo Público de Emprego (SEPE) e os contratos estenderanse ata o 31 de decembro do presente ano.

Máis polo miúdo, Moraña poderá contratará 3 peóns de obra pública, 1 condutor ou condutora de maquinaria forestal, 1 peón ou peoa de limpeza, 1 oficial de carpintería e 1 monitor ou monitora de servizos á comunidade. Pola súa banda, Pontecesures contará con 3 peóns de obra pública, 3 peóns de limpeza de edificios, 1 peón ou peoa de xardinaría, 1 auxiliar administrativo e un ordenanza. Finalmente, o concello de Tomiño empregará 4 peóns de xardinería, 1 carpinteiro ou carpinteira, 2 electricistas, 1 soldador ou soldadora, 2 albaneis, 1 mecánico ou mecánica de automoción, 2 técnicos ou técnicas administrativas, 1 especialista en psicoloxía, 8 peóns en xardinaría, 1 enxeñeiro ou enxeñeira e 1 condutor ou condutora de retroescavadora.

Ata o momento, ó abeiro da Liña 3 do Plan Concellos 2020 xa se aprobaron investimentos en concellos por valor de 4.031.569,82 euros que servirán para contratar un total de 424 persoas en 29 concellos da provincia. A liña de Emprego do programa de cooperación provincial ascende este ano a 9,5 millóns de euros.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones