Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

O Concello de Tomiño cumpre cos obxectivos de Estabilidade Orzamentaria e Regra de Gasto

As contas de 2016 reflicten un superávit de case 750.000 euros

As contas de 2016 reflicten un superávit de case 750.000 euros

Fecha: 30 de Mayo de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

As arcas do Concello de Tomiño están saneadas. Así se desprende do balance contable de 2016. Segundo o informe de Intervención, "o nivel de débeda estaría moi por debaixo do 75% dos ingresos correntes".

Os resultados económicos que o equipo de goberno tomiñés fará públicos tras a celebración da correspondente Comisión de Contas, celebrada esta mañá, reflicten unha situación de estabilidade orzamentaria, de acordo coa Lei. Deste xeito, a situación financeira permite facer fronte aos gastos correntes e de capital, obtendo unha capacidade investidora de 1.277.735,40 euros, situación cualificada como de equilibrio en termos de capacidade de financiamento municipal.

O concelleiro de Facenda, Uxío Benítez, engade que pola diferenza dos ingresos de 7.753.277,06 euros e de gastos de 7.007.195,31 euros, obtense un resultado orzamentario que segundo reflicte o informe da interventora municipal, ascende a 746.081,75 euros de superávit. Segundo o devandito informe, "a liquidación do Orzamento do ano 2016 do Concello de Tomiño, cumpre o obxectivo de Estabilidade Orzamentaria e tamén o de Regra de Gasto".

Por outra banda o remanente de tesouraría mellora con respecto ao exercicio anterior en 650.734 euros, o que permite unha maior solvencia e capacidade económica para o Concello.

O edil indicou que "os datos ao peche do exercicio 2016 melloran substancialmente, reducindo a débeda municipal, o cal nos dá marxe de actuación financeira, xa que cumprimos cos obxectivos que marca a Lei en materia económica e de Estabilidade".

Pola súa banda, a alcaldesa, Sandra González, salienta que "a xestión municipal ten demostrado que non só conseguimos manter os servizos para os nosos veciños e veciñas, cumprir a regra de gasto e estabilidade orzamentaria, senón que cumprimos cos nosos proveedores estando o período de pago nuns 20 días."
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí