Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CONCELLO DE TOMIÑO DESTIÑARÁ A SANEAMENTO, PROXECTOS EDUCATIVOS E CONTRATACIÓN A MAIOR PARTE DOS FONDOS DO PLAN LOCAL DA DEPUTACIÓN

O Concello recibirá da Deputación máis dun millón de euros, un 63% máis que no ano 2015

A alcaldesa Sandra González agradeceu a Carmela Silva a primeira visita oficial dun presidente da institución provincial ao municipio

Fecha: 19 de Enero de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

Na súa primeira visita institucional a Tomiño, a Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, garantiu á alcaldesa, Sandra González, a máxima colaboración da institución provincial para apoiar ao Concello nos proxectos que ten en marcha.Tomiño recibe este ano da Deputación, un millón, 237.000 euros, un 63% máis que o que obtivo en 2015, grazas ao Fondo Local que a alcaldesa agradeceu "porque por fin temos un plan con criterios obxectivos que garanten unha repartición xusta e equitativa"

Silva mostrou a súa satisfacción porque o goberno local de Sandra González xa decidiu a que destinará o diñeiro e que proxectos vai desenvolver. "Desde que chegamos ao goberno da Deputación tivemos moi claro que os Concellos son os protagonistas e os que deben tomar as decisións sobre cales son as prioridades dos seus cidadáns", dixo a Presidenta da Deputación. Neste sentido, a alcaldesa de Tomiño sinalou que gran parte do diñeiro dedicarase a proxectos de saneamento no municipio. "É unha das grandes demandas dos veciños e veciñas, aínda que tamén destinaremos parte dese financiamento a proxectos educativos e a contratación". De feito, González anunciou que cubrirán as 27 prazas do plan de emprego que corresponden ao concello do Baixo Miño, un plan de emprego que tal e como as dúas políticas lembraron, ampliou o número de horas, subiu os salarios e modificouse para adecuarse ás necesidades de organización do traballo nos concellos.

Ou encontro, no que tamén participaron os deputados David Regades e Uxío Benítez, que é concelleiro en Tomiño, discorreu nun ambiente de máxima cordialidade no que a alcaldesa dixo sentirse "dobremente orgullosa da visita porque o feito de que a Presidenta sexa unha muller non é baladí. É algo moi importante para aquelas que traballamos moito para o feminismo e a defensa política de xénero"

Carmela Silva tamén insistiu en que a colaboración cos municipios non queda unicamente no Fondo Local. "Os concellos deben de ser protagonistas en todos os temas. Estamos a traballar nun Plan de Actuación turística en toda a provincia que se fará e pactarase cos gobernos locais. O mesmo vai ocorrer cos fondos europeos nos que os proxectos deben nacer dos concellos"

A Presidenta puxo como exemplo o proxecto de Unimiño que o deputado Uxío Benítez anunciou que proximamente presentará a candidatura de municipios portugueses e da provincia de Pontevedra coa que se pretende poñer en valor o río Miño como recurso económico e turístico da zona.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones