Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CONCELLO DE TOMIÑO E A AGRUPACIÓN MUSICAL DE GOIÁN ORGANIZAN AS III XORNADAS MUSICAIS ADICADAS Á MÚSICA DE ÓSCAR NAVARRO

A actividade terá lugar durante toda esta fin de semana no Auditorio de Goián coa finalidade de salientar a figura do grande

Fecha: 19 de Octubre de 2013

Fuente: www.concellotomino.com

O Concello de Tomiño e a Agrupación Musical de Goián organizan esta fin de semana as III Xornadas Musicais "A música de Óscar Navarro", que terán lugar no auditorio goianés os días 18, 19 e 20 deste mes.
A presentación das xornadas terá lugar este venres, 18 de outubro, ás 17.00 horas, no Concello de Tomiño.
O mesmo día ás 21.00 horas haberá un Ensaio coa Agrupación Musical de Goián, no auditorio.
O sábado 19, ás 9.00 hs., novamente ensaio, e ás 12.30 hs. o compositor alacantino ofrecerá a conferencia "A música de Óscar Navarro". Ás 17.00, mesa redonda sobre o mesmo tema.
O domingo 20 ás 12.00, conferencia "A música de cine" e ás 19.00 clausura e concerto da Agrupación Musical de Goián, baixo a batuta do mestres Óscar Navarro.
Todas as actividades serán abertas ao público, agás a mesa redonda, con inscrición previa de 15 euros.

Óscar Navarro
Músico nado en Alacante, formado no Instituto Valenciano de la Música, Joven Orquesta de la Generalitat Valenciana, Ciudad de Downey (Los Ángeles), University of Southern California "Trojan Marching Band" (Los Ángeles), "José-Franch Ballester &Friends" (Nueva York), etc. Ten dirixido diversas orquestras sinfónicas e orquestras de vento, destacando a Banda Municipal de Alacante, banda e coro da "Red de escuelas de Medellín" (Colombia), dirixindo a súa exitosa obra "Las Siete trompetas del Apocalipsis", con máis de 350 músicos sobre o escenario. Obtén matrícula de honra no final dos seus estudos superiores, no Conservatorio Superior "Óscar Esplá" de Alacante.

Posteriormente estuda composición e dirección na "Allegro Internacional Music Academy" de Valencia co que foi o seu principal mestre e amigo Ferrer Ferrán, pasando a ser seleccionado posteriormente pola prestixiosa "Universidade do sur de California" (U.S.C., Los Ángeles) para realizar a especialización en Composición para Cine e TV, traballando baixo a tutela de grandes profesionais da industria Cinematográfica como Joel McNeely (Peter Pan 2, O Gardián), Pete Anthony (orquestrador de King Kong, Batman, Terminator, entre outros), Michael Giacchino (Os Increíbles, StarTrek, Lost, Up...), ou Christopher Young (Spider Man 3, Pesadelo en Helm Street) colaborando con éste último como orquestrador da súa música para ser interpretada en concerto.
Ao finalizar os seus estudos, foi galardonado co premio "Harry Warren Endowed Scholarshipfor Scoring for Motion Pictures and TV" coma o alumno máis destacado da súa promoción.

Ten numerosos premios nacionais e internacionais de composición, e a súa música é interpretada e estreada en grandes salas de concertos de todo el mundo. Este ano foi galardonado co premio "HOLLYWOOD MUSIC IN MEDIA AWARDS" (Los Angeles) no apartado de Música Clásica (2012) e está nomeado para a seguinte edición no apartado de Música para Cine (2013).

Óscar Navarro, é asiduamente convidado para realizar charlas e Master Class sobre a súa música en diversos Festivais e Universidades. Realizou charlas e conferencias sobre a súa música por gran parte da xeografía española como o "25 Festival de Cinema Jove" de Valencia (España), CIFICOM (Festival Ciencia-Ficción de Madrid), Curso Internacional de Música de Xàtiva (Valencia), e fora das nosas fronteiras como na "Chapman University" (Orange Co, EE.UU.), "II Congreso Internacional de Bandas de Música de Medellín" (Colombia), etc.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones