Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CONCELLO DE TOMIÑO E ACUBAM ACHEGAN PROPOSTAS DE DINAMIZACIÓN DO SECTOR DO VIVEIRISMO A CONSELLEIRA DE MEDIO RURAL

A Mostra de Cultivos do Baixo Miño celebrarase os días 2 e 3 de abril e será a 13ª edición da feira.

A Mostra de Cultivos do Baixo Miño celebrarase os días 2 e 3 de abril e será a 13ª edición da feira.

Fecha: 20 de Enero de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño e a Directiva de acuBam (Asociación Cultivos Baixo Miño) entrevistaronse esta tarde coa Conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Mejuto, a quen lle presentaron un dossier de proxectos para o 2016 co fin de dinamizar o sector do viveirismo de planta ornamental.

A cita acudiron a Alcaldesa, Sandra González, e membros do equipo directivo de acuBam encabezados polo seu presidente, Jose Cosmed, a secretaria da asociación, Patricia Rodríguez e o tesoureiro, Manuel Bacelo.

A entrevista responde a petición tanto do Concello de Tomiño como de acuBam co fin de aunar esforzos de cara a trazar liñas de traballo que fagan progresar o sector do viveirismo non só en Tomiño senón na comarca.

AcuBam, que naceu en xaneiro do 2013 e agluitina boa parte do sector viveiristico, ten levado a cabo nestes dous anos importantes proxectos de cara a dinamizar o sector, como teñen sido a coorganización da Mostra de Cultivos do Baixo Miño, representación do sector en feiras profesionais como Iberflora cun stand propio, colaboración no proxecto "Cultivando paisaxes", participación de proxectos transfronteirizos do Concello de Tomiño con Vila Nova de Cerveira como a Axenda Estratéxica ou as Xornadas organizadas pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galilcia Norte de Portugal (GNP-AECT). Tamén teñen traballado de cara a por en valor o sector agrario entre os máis pequenos cun claro sentido didáctico como o Programa educativo "As nosas amigas as plantas" ou a creación do "Teléfono Verde". Mais, acuBam en colaboración co Concello de Tomiño ten levado a cabo iniciativas formativas dirixidas ao sector profesional e ten posto en práctica entre os asociados o uso de novas ferramentas web e de redes sociais fundamentais nos tempos que corren.

O Concello de Tomiño e ACUBAM mostraron a Conselleira de Medio Rural, diferentes propostas formativas de cara a mellorar a formación dos asociados e da poboación en xeral, máis tamén deron conta das necesidades do sector de índole lexislativa e administrativa que entorpecen a competitividade do sector no panorama internacional. Ademáis, presentaron un proxecto de estudo de plantas autóctonas de baixo consumo de auga e de uso medicional e adiantaron a programación da 13ª edición da Mostra de Cultivos do Baixo Miño que terá lugar os días 2 e 3 de abril.

Na entrevista coa Conselleira, a Alcaldesa de Tomiño e acuBam explicaron as necesidades e as prioridades do sector nas que destacan as de formación e investigación.
A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, mostrou a súa satisfacción pola entrevista da que destacou "a importancia de que as administracións traballen conxuntamente para poder acadar resultados que redunden no sector". Segundo González, "o viveirismo en Tomiño é un sector estratéxico que conta con máis de 400 hectareas cultivadas e que ten vinculados máis de 400 postos directos e 250 indirectos dos cales o 80% son femininos. É polo tanto un sector cun claro peso económico e que polo tanto o Concello respalda dentro das súas posibilidades".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones