Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Concello de Tomiño e o Fondo Galego dan a coñecer a grave situación das nenas e nenos soldados

Alumnado do IES Tomiño asistiu este mércores a unha charla sobre a problemática e ata finais desta semana amósanse no centro os debuxos dun artista senegalés

Estímase que uns 250.000 menores son utilizados en conflitos armados de 18 países para labores de combate, espionaxe, cociña ou explotación sexual

Etiquetas del contenido

Fecha: 02 de Junio de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

Dar a coñecer a grave problemática da utilización de menores en conflitos armados é o obxectivo das charlas e a exposición que baixo o título ‘As nenas e nenos soldados' está a desenvolver o Concello como socio do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Na actualidade calcúlanse nuns 250.000 os cativos e cativas que son explotados nas guerras de 18 países.

Estes son algúns dos datos que Roberto Mansilla, analista do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi), lle achegou esta mañá en senllos encontros ao alumnado do IES Tomiño. A utilización de menores de idade en conflitos armados non se reduce a envialos á fronte de batalla, senón tamén a labores de vixilancia, mensaxería e mesmo espionaxe. As nenas tamén son a miúdo empregadas como cociñeiras e escravas sexuais.

A vulnerabilidade psicolóxica das rapazas e rapaces predisponos ao adoutrinamento e ao cumprimento de ordes. O recrutamento forzoso impídelles acceder á educación e obrígaselles a cometer atrocidades, xerando consecuencias que persisten unha vez rematada a guerra, pois a falta de investimento na rehabilitación fai que moitas e moitos menores rematen por recorrer logo á delincuencia e á prostitución.

Sobre estas situacións chama tamén a atención a mostra ‘As nenas e nenos soldados' que ata finais desta semana se amosa no IES Tomiño. O artista senegalés Momar Badiane denuncia a través dunha serie de debuxos a situación das nenas e nenos combatentes e convida a reflexionar sobre ela. A ONU, apoiándose na campaña da Coalición para acabar co uso das nenas e nenos soldados, adoptou no ano 2000 un tratado internacional que establece como idade mínima de recrutamento os 18 anos, así como a obriga por parte dos Estados de axudar á reinserción. Ata hoxe foi ratificado por 120 países.


O Fondo Galego
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 85 concellos e as deputacións da Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Desde a súa fundación en 1997, o Fondo Galego ten desenvolvido máis de 150 proxectos en 25 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí