Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello de Tomiño habilita unha partida de 50.000 euros para contribuír á mellora das máis de 30 traídas de auga locais

Unha axuda que ten coma obxectivo contribuír a solventar os principais problemas e melloras necesarias para un funcionamento máis eficaz.

Unha axuda que ten coma obxectivo contribuír a solventar os principais problemas e melloras necesarias para un funcionamento máis eficaz.

Fecha: 14 de Junio de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

A pasada semana remataron as visitas efectuadas a 34 Comunidades de Usuarios ou traídas de augas, do Concello de Tomiño, practicamente a totalidade das existentes no municipio. As visitas foron realizadas pola concelleira de Medio Ambiente, Mª Xosé Vázquez e o concelleiro de Obras, Francisco Campo, co fin de coñecer de primeira man, a través de conversas coas directivas e a observación directa, a situación e necesidades de cada instalación.

O Concello de Tomiño ten habilitada unha partida de aproximadamente 50.000 euros, que se manterá durante varios anos e que será investida en melloras relacionadas coas fases iniciais do proceso de provisión de auga de consumo, fundamentalmente a mellora das captacións e dos depósitos. "O obxectivo do Concello é apoiar a estes sistemas de xestión colectiva tradicionais para que poidan cumprir a normativa vixente en materia de auga de consumo. O cumprimento da normativa é preciso tanto para garantir unha adecuada calidade do servizo, como para a renovación das concesións ante parte da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e así garantir a supervivencia destes sistemas tradicionais e colectivos de xestión", explica Mª Xosé Vázquez.

Tras as visitas, é tempo agora de estudar a mellor distribución posible dos recursos económicos co fin de contribuír a solventar os problemas que poidan ter as traídas, priorizando sempre a calidade da auga e a súa potabilización.

O concello de Tomiño está comprometido coa mellora das traídas veciñais, porque comprende que son un xeito de xestionar un servizo básico de xeito comunitario, que funciona de eficazmente nas distintas parroquias e no disperso rural galego. Entende que houbo un momento no que as administracións públicas non deron un servizo básico e que tiveron que ser os propios veciños organizados, os que levaran adiante esta tarefa.

Segundo o concelleiro Fran Campo, "agora que o máis difícil está feito o que compete ás distintas administracións é axudar no bo funcionamento das traídas, resolvendo problemas legais e colaborando económicamente na medida das posibilidades de cada un."

O equipo de goberno de Tomiño apoia as reivindicacións das traídas e rexeita os atrancos que se están a poñer para a renovación dalgunhas destas traídas, por parte de Confederación Hidrográfica. Segundo apunta a alcaldesa de Tomiño, Sandra Gonzalez, "agardamos que se rectifique o regulamento e que se teña en conta este xeito diferente de dar auga en Galicia, que solventa o problema da dispersión no rural galego e consigue que veciños e veciñas teñan un servizo de calidade a un prezo asequible".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones