Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

O CONCELLO DE TOMIÑO INICIA AS OBRAS DE III FASE DO AUTORIO DE GOIÁN PARA ACONDIONALO COMO ESCOLA DE MÚSICA

O Concello a través de fondos europeos, crearanse catro novas aulas de música que permitirán un mellor funcionamento da escola de música.

O Concello a través de fondos europeos, crearanse catro novas aulas de música que permitirán un mellor funcionamento da escola de música.

Fecha: 04 de Julio de 2015

Fuente: www.concellotomino.com

O Concello de Tomiño iniciou as obras da III Fase de Acondicionamento do Auditorio de Goián como escola de música. Máis de 150 nenos e nenas do municipio se verán beneficiados das melloras nas instalacións do auditorio.

As obras consistirán na mellora e acondicionamento de catro novas aulas que se engadirán aos espazos reformados nas fases I e II. As obras destas primeira fases foron estreadas o pasado mes de marzo nun evento no protagonizado polo Concerto da Agrupación Musical de Goián.

Os espazos acondionados nestas primeiras fases crearon espazos adaptados ás necesidades da escola de música e permitiron unha total autonomía para a práctica formativa musical e para o espazo adicado ás actividades e espectáculos culturais.

Dende o mes de marzo, os alumnos e alumnas de música dispoñen dun local de ensaio, biblioteca-fonoteca, sala de profesores e aula que agora se verán complementados con novos espazos para a impartición das clases.

Esta fase tamén inclúe a reforma das fachadas traseira e lateral, homoxeneizando o exterior do auditorio.

As obras estarán rematadas a volta de vacacións de verán e das que poderán disfrutar os alumnos e alumnas do municipio no novo curso escolar.

O orzamento é de 126.000€ cuxos fondos proceden de Europa a través do Programa Leader. As anteriores fases foran asumidadas integramento polo Concello de Tomiño e a última fase correrá a cargo dos orzamentos da Deputación de Pontevedra.

A última fase consistirá na creación dunha nova aula, de camerinos para o auditorio e dun acceso directo ao escenario adaptado ás necesidades actuais.

A escola de música levaba funcionando dende hai máis de 10 anos e ten formado a varias xeracións de músicos como Andrés Álvarez, recoñecido compositor musical.

A Alcaldesa de Tomiño destaca "a importante labor que a escola de música ten desenvolvido ao longo destes anos e que ten permitido que nenos e nenas de Tomiño poidan recibir formación musical de calidade. O proxecto da acondicionamento do auditorio revertirá na formación dos máis de 150 alumnos e alumnas que ao longo do curso asisten a escola de música".
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí