Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

O CONCELLO DE TOMIÑO INSTA A XUNTA DE GALICIA A QUE REMATE O PROCESO DE CONCENTRACIÓN PARCELARIA TRAS 22 ANOS DE TRÁMITACIÓN

O sector productivo de Tomiño, motor económico do municipio, o principal afectado polo estancamento do proceso de concentración parcelaria.

O proceso de concentración parcelaria en Tomiño iniciouse no ano 1993 con dúas zonas: Os Panascos e Estás-Goián-Figueiró

Fecha: 09 de Noviembre de 2015

Fuente: Concello de Tomiño

O pleno do Concello de Tomiño aprobou por unanimidade instar a Xunta de Galicia a que axilice a tramitación da concentración parcelaria de Estás-Goián-Figueiró.
O sector productivo de Tomiño, motor económico do municipio, o principal afectado polo estancamento do proceso de concentración parcelaria.

O pleno municipal de Tomiño ven de aprobar por unanimidade unha moción pola cal se insta a Xunta de Galicia a axiliar a tramitación do proceso de concentración parcelaria Estás-Goián-Figueiró iniciado hai 22 anos.
O proceso de concentración parcelaria Estás-Goián-Figueiró atópase nunha situación de estancamento dende o ano 2006 causando un grave prexuizo para os veciños e veciñas afectadas que non teñen acceso a iniciativas de emprendemento nin a créditos para por en funcionamento ditas terras, e para o sector agrario, maioritariamente planta ornamental, kiwi e viñedos que impiden a ampliación das zonas de cultivo.
A explotación agraria, motor económico do municipio ve entorpecido e ralentizado a súa expansión e polo tanto desprotexido a nivel competitivo por mor dun proceso inacabado por falta de interese da Xunta de Galicia que ten intención de iniciar novos procesos de concentración parcelaria sen finalizar os abertos.
O pleno da Corporación municipal ante o estancamento do procedemento visibilizado polo feito de todos os veciños integrantes das comisión de parcelaria xa faleceron, acordaron instar a Xunta de Galicia a activar o proceso e a facilitar iniciativas orientadas ao Banco de Terras.
O proceso de concentración parcelaria en Tomiño iniciouse no ano 1993 con dúas zonas: Os Panascos e Estás-Goián-Figueiró. No ano 2007 sendo Conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, entregáronse os títulos da zona Os Panascos, terreos próximos a ribeira do río que inmediatamente foron posta en explotación por particulares e por empresas viveirísticas con planta ornamental. A zona de Estás-Goián-Figueiró quedou paralizada no punto de aprobación por parte da Dirección Xeral do trazado e presentación de fincas. Falta polo tanto a última fase referida a reorganización da propiedade e, por ende, a confección dos novos títulos de propiedade, acta de reorganización na que se inclúen xestións notariais, rexistro da propiedade, tramitacións con facenda,... e finalmente a entrega dos títulos.
Na sesión plenaria celebrada esta tarde, tamén se aprobou inicialmente a modificación do inventario de camiños a petición da Comunidade de Montes de Currás para a devolución da titularidade de varias pistas forestais.
Tamén, é de reseñar o acordo institucional adoptado moción por consenso dos catro partidos que conforman a corporación (BNG, PP, CdT e Psoe) contra as violencias machistas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí